Skip to Content

Orientación

Orientacións para o estudo

 

4. ORIENTACIÓNS PARA O ESTUDO E A CONVIVENCIA

Aspectos importantes:


É importante estimular e favorecer o estudo e traballo persoal do alumno e da alumna, fomentando os hábitos de traballo cunha dedicación temporal diaria segundo a súa idade e curso.

 

Débese programar adecuadamente o xogo e tempo libre do neno e da nena, de modo que a hora de deitarse sexa a adecuada á súa idade.


É conveniente interesarse polo seu traballo diario e seguir a súa evolución en estreita relación co mestre e mestra, que corresponda.


Axudar a adquirir habilidades que permitan desenvolverse con autonomía no ambito familiar e escolar.


Valorar a corresponsabilidade no traballo doméstico e no coidado das outras persoas, así como unha actitude contraria á violencia, aos prexuízos de calquera tipo e aos estereotipos sexistas.

 

Colaborar estreitamente co profesorado na consecución, control e mantemento de hábitos de convivencia e respecto mutuo.

Distribuir contido


by Dr. Radut