Skip to Content

Orientación

Proposta de zumba na casa

Os luns e os martes no CEIP Plurilingüe de Carnota impártense clases de Zumba por parte das monitoras de 5ºA.

Xa que sabemos que é unha actividade moi motivadora e para que non perdades a forma, iremos deixando algunha proposta para practicar dende as vosas casas.

 

Tan diferentes como iguais. 21 de Marzo, Día Mundial da Síndrome de Down.

O claustro do CEIP Plurilíngüe de Carnota quere sumarse á campaña de Down Galicia:

 

Tendo en conta a situación que nos toca vivir non queremos pasar por alto esta data sen alzar a voz para reclamar unha sociedade máis inclusiva, diversa e plural.

Por iso #EUQUEDONACASA e visibilizamos o 21M poñéndonos #CalcetínsDispares.

 

Fai aeróbic

Sabemos que estes días de encerro son difíciles de levar por iso vos deixamos aquí unha proposta para mover un pouco o esqueleto e así manternos en forma como bos Carnosáns que somos!
 
O tema é orixinal do profe Dani, composto para a actuación de 5º no Entroido e foi adaptado con pictogramas do portal Arasaac.
 
A bailar!
 
 
 

O COVID-19 explicado con pictogramas

Dende Arasaac fixeron unha guía adaptada con pictogramas para poder entender diferentes aspectos relacionados co Coronavirus.

Deixamos o pdf en adxuntos.

 

Xogos de sopro

Propoñemos dende a aula de Audición e linguaxe un xogo de sopro que podedes facer vós mesmos dende a casa.

(Recollido da páxina: http://logoptando.blogspot.com/2017/02/juegos-de-soplo.html

Precisaremos:

  • Palliña
  • Vaso de cartón ou plástico
  • Guante
  • Rotulador para decorar

A continuación amosamos en imaxes como funciona o experimento.

             

CADERNO DE BITÁCORA

Dende a aula de Audición e Linguaxe proponse recoller nun caderno de bitácora a experiencia que estamos a vivir durante o estado de alarma.

Animádevos a cubrir o mesmo e quedaredes cun recordo persoal do que estar a ser sen dúbida unha das situacións máis excepcionais que viviremos.

Deixamos o pdf en adxuntos.

 

 

RECOMENDACIÓNS PARA SEGUIR COA RUTINA

Aínda que estamos a vivir unhas circunstancias excepcionas é recomendable establecer unhas rutinas para unha axeitada organización dos tempos, facéndose así máis levadeira a estancia nos fogares.

Aquí van unhas orientacións.

Ao longo da semana proporanse tarefas máis concretas xa que ... #EUQUEDONACASA

 

ADAPTACIÓN DE ESPAZOS E MATERIAIS

No centro intentamos adaptar os espazos (dentro das nosas posibilidades) e os materiais ás necesidades do noso alumnado.

                                       

ESPAZO DA CALMA NA AULA DE PT AXENDA VISUAL, SECUENCIAS, ANTICIPACIÓN MATERIAL ADAPTADO

Guía de apoio ao estudo

Guía de apoio ao estudo

Achegamos como anexo a Guía de apoio ao estudo da Fundación INDAGA, pensada para o alumnado con TDAH, aínda que é moi útil para calqueira alumno, en especial aos que lles costa porse a estudiar e/ou son moi inquietos. Moitos dos recursos son de utilidade para as familias.

Esperamos que vos sexa de utilidade.

Guía de apoio ao estudo

O Departamento de Orientación

Avaliación de Diagnóstico.

AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO
 
 
O vindeiro luns 3 de maio, as 17:30, terá lugar unha reunión cos pais dos alumnos de 5º de Educación Primaria. O motivo da reunión é informar sobre os resultados obtidos polo Centro o pasado mes de outubro. Como todos sabedes o pasado mes de outubro os alumnos de 5º de Educación Primaria foron avaliados xunto con tódolos escolares de Galicia do mesmo nivel (Avaliación de Diagnóstico). Os alumnos foron avaliados en competencia comunicativo-lingüística e en competencia matemática. Dita avaliación ten carácter informativo para os pais polo que aqueles que o desexen serán informados no día e hora sinalados.
Aqueles que o desexens e non poidan asistir poden poñerse en contacto coa titora ou co Departamento de Orientación.

Algunhas claves para un bo rendemento escolar

1. A motivación ó estudo é a enerxía necesaria para empezar a estudar. Debemos animar e motivar aos nenos/as, sobre todo, con motivacións a curto plazo. Podemos empregar reforzos positivos, como por exemplo: felicitacións cando fan os deberes e estudian, facer algo do seu gusto despois de rematar as tarefas escolares...

2. O hábito de traballo e o esforzo diario dende pequenos/As é unha clave moi importante para que os alumnos/as teñan un bo rendemento escolar. Ainda que algún día non haxa deberes, deben repasar o visto na clase, facer esquemas, resumos cos puntos esenciais dos temas...

3.Os pais e nais deben adicar tempo diario a conversar cos seus fillos e fillas sobre as súas preocupoacións, necesidades, desexos, deberes e obrigas...Tamén deben seguir o seu quefacer diario, axudalos, acompañalos, pero sen agobiar e intentando ser positivos, axudándolles pouco a pouco a ser máis responsables e autónomos.

4.O hábito da lectura. Os pais deben dar exemplo na casa, procurando que os nenos/as os vexan ler.É necesario observar dende pequenos/as se teñen unha boa lectura comprensiva, se non é así, haberá que axudarlles e buscar axuda co titor/a, cos mestres/as implicados, co Departamento de Orientación e con outros profesionais cando sexa preciso (psicólogos, pedagogos, psicopedagogos, mestres particulares...)

5. Unhas técnicas de estudo axeitadas:

-Unha primeira lectura do texto, tema...

-Unha segunda lectura mirando no diccionario o vocabulario novo. Tamén poden consultar outros materiais visuais e de consulta, internet...

-Outra lectura máis comprensiva.

-Subliñar as ideas principais.

-Facer un resumo do texto.

-Facer esquemas.

-Estudar e repasar o tempo necesario. 

6. A organización do tempo e lugar de estudo tamén e fundamental.

En canto ó tempo de estudo, ademais do tempo adicado diariamente a facer os deberes, debe haber polo menos unha hora diaria adicada a revisar e estudar o explicado ese día na clase.

No que se refire ao lugar de estudo ,o alumno/ necesitará un lugar fixo e tranquilo de estudo, un lugar ben iluminado no que teña todo o necesario para facer os deberes e estudar. O mellor é ter unha mesa e unha silla de estudo na súa habitación, evitando ter nela obxetos que o/a distraigan (televisión, videoconsola...). Hoxe en día, o ordenador é tamén unha boa ferramenta de traballo.

7. A axenda escolar axuda a ter unha boa organización do traballo. Nela os alumnos/as  deben apuntar os deberes de cada día, o calendario de entrega de traballos e de exames. Esta axenda ademais de axudarlles a organizar o seu trabllo, tamén axuda ás familias a facer un seguimento dos estudos dos seus fillos se as miran tódolos días con eles.

8. Unha alimentación boa e equilibrada, as suficientes horas de sono e facer exercicio físico facilita a atención, concentración e o estudo. 

9. A coordinación escola-familia é básica.

10. A educación en valores tamén favorece un bo rendemento escolar e o máis importante fai boas persoas. Hai uns valores democráticos que todos debemos asumir para poder convivir uns cos outros, e as familias, a escola e a sociedade debemos potencialos:

-Repecto a todo o mundo.

-Autoestima positiva.

-Sinceridade.

-Paz, non violencia...

-Tolerancia.

-Amizade.

-Cooperación.

-Responsabilidade.

-Esforzo.

  -Ilusión...

 

Recursos educativos

Neste enlace poderás atopar moitísimas actividades para traballar na túa aula de P.T.

Preme aquí.

Os recunchos da aula de P.T.

Este é o noso recuncho de relaxación e de estimulación, xa sabedes se alguén  quere probalo....

Os recunchos da aula de P.T.
Distribuir contido


by Dr. Radut