Skip to Content

Orientación

Acoso escolar. Guía para familias

Hoxe 2 de maio conmemórase o "Día contra o acoso escolar". Ademais dos recursos que vos propuxemos ( conto, cancións e curta) queremos compartir esta guía  do Colexio oficial de Psicoloxía de Galicia con todas  todas as familias. 

2 de Maio:Día Internacional contra o Acoso Escolar

 Deixamos unha proposta para coñecer a realidade do acoso escolar e erradicalo.

Podedes descargar o archivo en adxunto.

 

Boas prácticas nas saídas

Seguramente xa difrutastes do ansiado primeiro paseo.... Ben mercecido que o tiñades.... Esta nova rutina resultaravos  moi beneficiosa...Lembrade facela con sentidiño....No adxunto tedes unha sinxela  guía que publicou o ministerio de Sanidade. 

Aspectos básicos:

-Unha hora.

- Só unha persoa  adulta ( e 3 nenos/as máximo)

- Podes levar a bici, o patinete, un balón... 

- Si te atopas con alguén podes saudalo/a , mantendo os dous metros de distancia, pero non podedes pasear xuntos , sóa cada neno/a coa súa familia).

- Non se poden facer vistas aos teus familiares, e moito menos aos avós ou avoas ( cómo os botamos de menos).

- Planificar a ruta pode ser unha actividade chula e divertida.

- Á volta recorda lavar ben as mans. 

Moito ánimo! 

 

CONMEMORACIÓN 23 ABRIL. DÍA DO LIBRO.

A lectura ábrenos as portas cara o mundo da imaxinación, creatividade,

reflexión, sabiduría...

Por iso lembrade sempre:

"Se queres aventura, lánzate á lectura"

 

"Amar en tempos de coronavirus"

Hoxe 23 de abril conmemórase o Día do Libro. Este ano cambiamos o "Ler na rúa" por "Ler na casa". Para a ocasión agasallámosvos co precioso libro "Amar" que a editorial Palabras aladas puxo a disposición gratuíta. Nel podedes achegarvos ao mundo emocional e ver as preciosas ilustracións que acompañan a cada emoción. 

Feliz día do libro!

 

ANÍMATE A PARTICIPAR!

Animádesvos a participar nesta campaña que vos propoñemos?

Teredes que descargalo archivo en adxunto (ou ben podes facer ti o debuxo) e colorealo para lucilo dende a túa fiestra.

Esperamos que nos enviedes unha foto das vosas fiestras cos debuxos ao correo electrónico:

orientacion2020carnota@gmail.com

 

 

 

 

PROPOSTAS PARA O 2 DE ABRIL.

O vindeiro 2 de abril conmemórase o Día Mundial do Autismo.

Aquí deixamos unhas propostas que queremos que cheguen ao noso alumnado.

Primeiro recordar o gran traballo que o curso pasado fixo o alumnado de 6º EP

a través do conto "Meu irmán ten autismo"

 

 

Tamén vos deixamos o conto "Los colores de TEA" en ficheiro adxunto.

 

 

TEACONSELLOS. Federación Autismo Galicia.

 

Aquí tedes ideas e recursos para o tempo na casa que achegan dende a

Federación Autismo Galicia.

 

 

RECEITAS CARNOSANS.

 

Para darlle continuidade ao noso proxecto:

 

 

Imos a deixarvos unhas receitas que poderedes poñer en práctica na casa.

Aí vai a primeira delas.

Están sacadas do portal aragonés ARASAAC para que sexan accesibles a todo o alumnado.

SOPRAMOS?

Outra proposta para practicar sopro.

 

SEGUIMOS MOVÉNDONOS!

Propoñemos unha sesión completa para seguir movéndonos, iso si, sempre dende a casa.

 

ROSA CONTRA EL VIRUS.

 

 

Queremos recomendar este contiño que publicaron dende o Colexio de Psicoloxía de Madrid. É moi sinxelo e trae propostas de actividades chulas para facer en familia, e algunhas recomendacións para as nais e pais. Esperamos que vos guste tanto como a nós. Moito ánimo!

https://marketing.editorialsentir.com/contenidosadicionales/Cuento_Rosa_contra_el_virus.pdf

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut