« Xuño 2024 »
DomLunMarMérXovVenSáb
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

Alumnado

Las bibliotecas escolares de Galicia

Iniciar sesión

III CERTAME DE POESÍA BEATRIZ DA SERRA

Un ano máis temos o pracer de comunicarvos que o noso alumnado está entre os premiados/as e mencións no III CERTAME DE POESÍA CURTA BEATRIZ DA SERRA.

A iniciativa deste certame naceu en pleno confinamento, no ano 2020, e mantense co espírito de incentivar a rapazada do Val Miñor na expresión poética na nosa lingua.

Parabéns a tod@s @s participantes e ao profesorado que alenta a escrita e a participación nas aulas.

CATEGORÍA A: 

Primeiro Premio:

-Xiana Costa González (5ºEP) co poema Diversión.

Segundo Premio:

-Mateo Porto Covelo (6ºEP) co poema Follas de mil cores.

Mencións do xurado:

-Xiana Costa González (5ºEP) co poema Primavera.

-Laura Burgo Rosendo (6ºEP) co poema Pesadelos.

FORMALIZACIÓN MATRÍCULA

O prazo para a formalización de matrícula do alumnado de nova incorporación ao centro, comezará o vindeiro 20 de xuño ata o 30 do mesmo mes. Entregarémosvos un sobre coa documentación a cumplimentar. Ademáis solicitarase unha fotocopia da tarxeta sanitaria d@ alumn@ e 4 fotografías tamaño carnet (para o alumnado de E.Infantil) e 1 fotografía tamaño carnet (para o alumnado de E.Primaria).

APADRIÑAMENTO DA AULA DE MÚSICA: "CANTARES DO BRIÓN"

 

Chegou o tempo de celebrar o apadriñamento da aula de músicaao que dedicamos boa parte das nosas tarefas neste curso:https://cantoresdocasares.blogspot.com/

O venres, día 3 de , o alumnado e o coro do colexio farán unha homenaxe chea de MÚSICA e VOZ ao novo padriño.

E o sábado, día 4, contaremos cun concerto, aberto ao público, do Coro "Cantares do Brión" no que participará o Coro do alumnado do colexio e @s Distinghid@s da Foz.

Agárdanse grandes momentos! Non volo perdades!

 

 

 

LISTAXE DEFINITIVA-ADMISIÓN DE ALUMNADO 2022/2023

TODAS AS SOLICITUDES DE PRAZA PARA O VINDEIRO CURSO 2022/2023 FORON ADMITIDAS. A LISTAXE DEFINITIVA ATÓPASE PUBLICADA NO TABOLEIRO INTERIOR DO CENTRO.

PARA A FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA ABRIRASE O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN DO 20 AO 30 DE XUÑO.

DÍAS ANTES DA APERTURA DO PRAZO, PUBLICARASE NESTA WEB A DOCUMENTACIÓN E IMPRESOS A CUMPLIMENTAR.

CONCRECIÓN CURRICULAR

DOCUMENTO DE CONCRECIÓN CURRICULAR ADAPTADO Á ORDE DO 25 DE XANEIRO DE 2022 (DOG 11 de febreiro de 2022), pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, secundaria e bacharelato no sistema educativo de Galicia.