Skip to Content

Campaña de Campamentos de Verán 2022

Estimadas familias: A continuación publicamos a información que nos fixo chegar hoxe o Concello de Coristanco respecto á Campaña de Campamentos de Verán 2022 na residencia do IES Rosalía Mera. Un saúdo. O equipo directivo. 

 

A Deputación da Coruña achéganos a Campaña de Campamentos de Verán 2022 na residencia do I.E.S. Rosalía Mera para nenos e nenas de toda a provincia con idades entre 9 a 14 anos inclusive (nados entre o 1 xaneiro do 2008 e o 31 de decembro do 2013).

 

Ó Concello de Coristanco concedéronlle 4 prazas na 3ªquenda (10/07/22 ao 15/07/22) para rapaces e rapazas empadroados/as no noso Concello.

 

As inscricións para participar nesta Campaña entregaranse na Biblioteca Municipal de forma presencial ou a través do correo electrónico biblioteca@coristanco.gal do 13 de abril ó 20 de maio 2022, ás 12:00 horas.

 

Terán preferencia os/as rapaces/as que nunca participasen no campamento deportivo da Deputación en pasadas edicións.

 

No caso de recibir máis solicitudes que as prazas que temos concedidas, farase un sorteo público no Salón de Plenos da Casa do Concello, entre o día 23 de maio ata o día 26 de maio, e avisarase por teléfono os/as admitidos/as para indicarlles a documentación que deben presentar para confirmar a súa praza.

 

A cota de participación é de 85€ (oitenta cinco euros), que non será aboada ata confirmación de praza.

O transporte ata o centro I.E.S. Rosalía Mera non está incluído.

 

Entrada: Domingo 10 de xullo entre as 18.00 e as 19.30h.

Saída: Venres 15 de xullo entre as 16:00 e as 17:00h.

 

Para máis información:

https://www.dacoruna.gal/deportes/campamentos-deportivos

--

Biblioteca Municipal de Coristanco
Departamento de Cultura
TLF.651664908
Concello de Coristanco

AdxuntoTamaño
CARTEL - CAMPAMENTO DEPORTIVO - VERÁN - 2022.jpg24.53 KB
TRÍPTICO - CAMPAMENTO DEPORTIVO - VERÁN 2022.pdf193.74 KB


page | by Dr. Radut