Skip to Content

Escola de Nais e Pais - Asociación "Vieiro"

Estimadas familias: Onte repartiuse unha circular da Asociación “Vieiro” para a inscrición na “Escola de Nais e Pais” para todas as familias que estean interesadas en participar durante o curso: 2021-2022.No adxunto que acompaña esta publicación podedes consultar as diferentes temáticas que se poden abordar durante as sesións que imparten desde fai anos psicólogas e educadoras da Asociación “Vieiro”. O prazo de inscrición remata este xoves, 30 de setembro e necesitamos un mínimo de persoas interesadas para que se poida levar a cabo a actividade. Tal e como podedes ver na circular realizaríanse cada quince días en principio en horario de 19:30 a 21:00hs. Necesitamos confirmación por escrito cubrindo o modelo que aparece na circular.

Desde a ANPA animámosvos a participar!!

Un saúdo.

A ANPA.

AdxuntoTamaño
CIRCULAR - ASOCIACIÓN VIEIRO 2021-2022.pdf68.6 KB


page | by Dr. Radut