Skip to Content

AULA VIRTUAL DO COLE

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade facilita a todos os centros educativos unha Aula Virtual, a través do enderezo: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcanosarus/ 

O acceso á mesma estará na páxina web do centro educativo. As aulas virtuais utilizaranse, de ser o caso e nos supostos de educación a distancia, cando menos, co alumnado de terceiro de Educación Primaria en adiante e para o alumnado que parcialmente estea en situación de corentena cando non exista suspensión da actividade presencial no  conxunto da aula, sen prexuízo doutras opcións de formación a distancia que poida por en funcionamento a consellería. O seu uso en primeiro e segundo de Educación Primaria tamén levarase a cabo. Nos cursos anteriores habilitaranse fórmulas de comunicación como foros ou videochamadas para manter contacto coas familias e, de ser posible, fornecer contidos educativos para este tipo de alumnado, aínda que tamén utilizarase a aula virtual chegado o momento. 

Para ir practicando e sacándolle proveito a Aula Virtual do cole, estes días estanse a poñer en funcionamento polo momento de 3º a 6º de EP. Utilizarase a Aula Virtual como tarefa de práctica por si chega o momento de ter que recurrir á educación a distancia. Cada mestre/a decidirá que tarefas enviará a través da aula virtual. 

Para poder acceder , o alumnado terá un usuario e unha clave. Para ver como se entra, picade enriba da so seguinte documento. Para calquera dúbida, podedes preguntar aos titores/as por abalar. 

 

AdxuntoTamaño
AULA VIRTUAL INSTRUCIÓN DE ACCESO.pdf490.26 KB


page | by Dr. Radut