Skip to Content

LISTAXE PROVISIONAL DE FONDO LIBROS E AXUDAS DE LIBROS E MATERIAL PARA O CURSO 2020-2021

Xa están dispoñibles no corcho da conxersería as listaxes provisionais da adxudicación de libros de fondo libros de 3º a 6º de Educación Primaria e as listaxes de axudas para adquisición de libros de texto (1º e 2º de EP ) e axudas para adquisión de material ( 1º a 6º de EP).

O prazo de reclamación é de dous días hábiles ( 8 e 9 de xullo ).

As listaxes definitivas sairán antes do día 13 de xullo de 2020. Nestas listaxes especifícase que libros de texto ( materias) son adxudicados a cada neno/a.

Os vales para os libros de texto de 1º e 2º de Educación Primaria e os vales d e material de 1º a 6º de Educación Primaria estarán dispoñibles para a súa recollida na entrada do colexio a partir das 11:00h da mañá do xoves 9 de xullo. O horario de recollida será de 10:00h a 14:00h. Non fai falta cita previa para a recollida. É obrigatorio o uso de mascarilla e gardar a distancia fóra da porta de entrada sempre que haxa persoas dentro. 

O prazo máximo de recollida de vales será o xoves 16 de xullo de 2020.

Os libros de texto do fondo de libros ( 3º a 6º de EP) repartiranse durante a primeira semana de setembro. Seredes avisados/as do día pola páxina web e polo Abalar.



page | by Dr. Radut