Skip to Content

TAREFAS PARA A SEMANA DO 8 AO 14 DE XUÑO

Estimadas familias:

Xa estamos chegando ao final deste curso tan diferente! Non queda nada! Esta semana colgamos por última vez as tarefas, xa que a próxima semana publicaremos unhas recomendacións de cara ao verán para cada curso. O día 19 rematarán  “ as clases” e a actividade lectiva, e ese mesmo día recibiredes as notas dos vosos fillos/as por ABALAR.

Estes meses están sendo toda unha aventura, por momentos algo dura,  que ninguén de nós podería chegar nunca a imaxinarse. Damos as gracias a cada familia, aínda que todavía non chegou a despedida , polo grandísimo esforzo que estades a facer. Damos as gracias a cada neno e nena polo valentes que son e a gran lección que nos dan día a día. E en especial hoxe , dende o claustro de mestres/as, queremos facer unha mención especial ao noso alumnado de 6º de Educación Primaria por ter que despedirse do CEIP Canosa- Rus deste xeito tan inxusto para eles/as despois de tantos anos no cole. A estas alturas do curso teríamos que estar con despedidas no cole, no comedor, nos patios, na biblioteca... Os mestres e mestras non nos esquecemos de ningún de vós e tan pronto se poida gustaríanos despedirvos como ben merecedes. Mentres tanto, MOITO ÁNIMO E MOITA FORZA!

A continuación deixamos os arquivos coas últimas  tarefas  de repaso, reforzo e ampliación do aprendido para esta semana: 

 do 8 ao 14 de xuño.

Os arquivos  están organizados como as semanas anteriores, por etapas: infantil e primaria e por especialistas: inglés, educación física, música e relixión. Lede con atención as tarefas propostas, e se tedes algunha dúbida podedes preguntar polo abalarMóbil ou a través dos correos electrónicos tanto aos titores/as como aos especialistas. 

Unha aperta moi grande de parte de todo o profesorado para todas as familias !

AdxuntoTamaño
TAREFAS DE EDUCACIÓN INFANTIL( 3, 4 E 5 ANOS).pdf300.73 KB
TAREFAS 1º EDUCACIÓN PRIMARIA.pdf19.2 KB
TAREFAS 2º EDUCACIÓN PRIMARIA.pdf61.98 KB
TAREFAS 3º A E 3º B EDUCACIÓN PRIMARIA.pdf1.26 MB
TAREFAS 4º EDUCACIÓN PRIMARIA.pdf2.43 MB
TAREFAS 5º EDUCACIÓN PRIMARIA.pdf669.82 KB
TAREFAS 6º EDUCACIÓN PRIMARIA.pdf359.22 KB
TAREFAS EDUCACIÓN FÍSICA 1º A 6º EDUCACIÓN PRIMARIA.pdf6.29 MB
TAREFAS INGLÉS. 1º A 6º EDUCACIÓN PRIMARIA.pdf1016.64 KB
TAREFAS MÚSICA 1º A 6º EDUCACIÓN PRIMARIA.pdf859.23 KB
TAREFAS RELIXIÓN : EDUCACIÓN INFANTIL E 1º A 6º EDUCACIÓN PRIMARIA.pdf621.88 KB


page | by Dr. Radut