Skip to Content

TAREFAS PARA A SEMANA DO 14 AO 17 DE ABRIL

Estimadas familias:

Hoxe comeza o 3º trimestre dun xeito moi pouco habitual para todos e todas. O primeiro, dende o claustro de profesorado, desexamos que todas as familias esteades ben. Enviámosvos moito ánimo, xa queda menos!

A espera das instrucións da Consellería de Educación sobre o 3º trimestre ( que vos comunicaremos cando nos indiquen a nós), pasamos a explicarvos o procedemento da subida das tarefas para estas próximas semanas .

Os luns a 1º hora da mañá quedarán colgadas as tarefas para esa semana, por titorías e especialistas. Lembrade que tedes que ler as da vosa titoría e a dos especialistas que vos correspondan ( educación física para primaria , inglés para primaria , música para primaria e relixión para todo aquel que vaia a esta materia).

Pedimos que leades ben todo o que indicamos e se tedes dúbidas debedes contactar cos mestres/as a través do abalarMóbil ou do correo electrónico de cada mestre /a ( que vos facilitamos na tarefas como novidade).

Dende o cole somos conscientes do gran esforzo que estades a facer o alumnado e as familias e vos felicitamos polo voso traballo, estamos moi orgullosos/as de todos vós. A  nosa labor e intentar acompañarvos nesta situación e intentar facilitarvos as cousas , por eso estamos a vosa disposición, entre todos/as levarase un pouco mellor. Moito ánimo ! E a por unha nova semana! Aquí están as tarefas, só tedes que picar enriba delas para abrilas. 

Unha gran aperta. O claustro de mestre/as.

TAREFAS PARA A SEMANA DO 14 AO 17 DE ABRIL DE 2020

AdxuntoTamaño
EDUCACIÓN INFANTIL DE 3 ANOS,4º EI.pdf292.53 KB
EDUCACIÓN INFANTIL DE 4 ANOS , 5º EI .pdf159.98 KB
EDUCACIÓNCINFANTIL DE 5 ANOS,6º EI .pdf1.01 MB
TAREFAS 1º E. PRIMARIA .pdf3.98 MB
TAREFAS 2º E. PRIMARIA .pdf79.86 KB
TAREFAS 3º A e 3º B E. PRIMARIA .pdf1.04 MB
TAREFAS 4º E. PRIMARIA .pdf1001.15 KB
TAREFAS 5º E. PRIMARIA .pdf4.19 MB
TAREFAS 6º E. PRIMARIA .pdf347.59 KB
TAREFAS INGLÉS 1º A 6º PRIMARIA .pdf2.4 MB
TAREFAS EDUCACIÓN FÍSICA . 1º A 6º PRIMARIA .pdf207.75 KB
TAREFAS MÚSICA 1ºA 6º PRIMARIA .pdf542.72 KB
TAREFA RELIXIÓN actividades del 13 al 17 abril.pdf1.04 MB


page | by Dr. Radut