You are herecontent / Información para ás familias

Información para ás familias


By admin - Posted on 19 Marzo 2020

Estimadas familias:

Desde o Claustro de mestres/as do CEIP Canosa -Rus queremos enviarvos todo o ánimo do mundo para que levedes e levemos esta situación o mellor posible. Primeiro gustaríanos felicitar a todos os pais e Xosés , xa que hoxe e 19 de marzo. Tamén aproveitamos para recordarvos que mañá sería un día non lectivo no cole, e dicir, que estamos de ponte!

Por outra banda, como xa sabedes o noso alumnado levou traballo para estas dúas semanas. De todas as formas, estes días vamos ir colgando entradas nesta páxina web con diferentes recomendacións dos especialistas: educación física , relixión, inglés, música,etc.

Tamén faremos  entradas con diferentes enlaces a páxinas que vos poden facilitar o traballo e que poden ser interesantes para estes días.

O próximo domingo día 29, no caso de que esta situación se prolongue no tempo, colgaremos actividades para unha semana máis por cursos e materias que poderedes descargar desde esta páxina con recomendacións de cada mestra/e.

Dende o claustro alentamos unha vez máis que este días podan servirnos para reforzar o aprendido, que lean moito, que vexan documentais, películas en familia, que debuxen, que falen moito con vós, que desfruten, que practiquen matemáticas , que escriban un diario e o traian de volta se queren, en definitiva, que non deixen de practicar , pero dun xeito un pouco lúdico porque sabemos que a situación non é fácil .

 Moitísimo ánimo a toda a comunidade educativa do CEIP Canosa-Rus.

 

Eventos

« Xuño 2020 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930

ACTIVIDADES ESCOLARES

 

BLOGUES DO COLE

 BLOG DE LEOTECA

 BLOG DE AULA

 

 

BLOG EDLG

vente vindo

 

O sabor da aventura no mar