Skip to Content

Prazo de admisión de alumnado para o curso 2019/2020

Ábrese o prazo para a presentación de solicitudes novas de matrícula dende o 1 ao 20 de marzo de 2019.

Na  ORDE do 12 de marzo de 2.013 desenvólvese o procedemento para admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos.

Na Orde do 25 de xaneiro de 2017 pódese ver os novos cambios para o proceso de admisión.

A continuación tedes a solicitude de admisión que deberán presentar as familias que soliciten praza por 1ª vez nun centro público, ou que queiran cambiar de centro. Podédela cubrir dende estes enlaces ou solicitar unha copia no centro.

Tamén podedes presentar a solicitude de xeito telemático a través do seguinte enlace:

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

Rógase ler atentamente as instrucións das solicitudes . Non vos esquezades de que é necesario que estean asinadas polo pai, nai ou representantes legais da alumna/o, e no caso de separación ou divorcio por ámbolos dous proxenitores ou titores legais, agás que aquel que formalice a instancia teña atribuída a patria potestada con carácter exclusivo.

HORARIO DE ATENCIÓN PARA O PROCESO DE ADMISIÓN 

 

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

Directora

9.30h a 10.25h

 

14.35h a 14.30h

9.30h a 10.25h

 

Xefa de Estudos

14.35h a15.25h

9.30h a 10.25h

9.30h a 10.25h

 

 

Secretaria

 

14.35h a 15.25h

 

 

14.35h a 15.25h

Para as diferentes informacións e acceder as solicitudes picade nos seguintes enlaces: 

AdxuntoTamaño
Solicitude de admisión en castelán ED550B-C.pdf1.13 MB
Solicitude de admisión en galego ED550B-G.pdf1.13 MB
INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.pdf303.7 KB
CALENDARIO ADMISIÓN.pdf341.41 KB
Vacantes 2019-2020.pdf183.81 KB
Documentación a achegar xunto coa solicitude.pdf95.43 KB


page | by Dr. Radut