Skip to Content

Actividades no colexio: "Sobre rodas" e Íntegro

Esta semana os nenos e nenas están disfrutando de diferentes activiades no centro. O luns , para 3º e 4º de EP houbo a actividade "sobre rodas" do concello de Carballo nas horas de educación física. Puideron aproveitar un circuito  e probar a circular polo mesmo en bicis.

Hoxe, mércores 28 de febreiro , visitarán o centro membros de Íntegro coa campaña de concienciación da lesión medular para 6º de EP. A actividade levarase a cabo na biblioteca do centro e no ximnasio, onde os nenos e nenas poderán xogar ao baloncesto en cadeiras de rodas. Damos as grazas a estas persoas por vir ao noso centro por segundo ano consecutivo a realizar esta actividade.



page | by Dr. Radut