Skip to Content

Campaña de recollida de roupa e calzado

DO 24 DE ABRIL AO 5 DE MAIO

 Dende o colexio, en colaboración ca ANPA e co concello de Coristanco, queremos iniciar unha campaña de recollida de roupa e calzado, para o cal solicitamos a vosa colaboración. Aqueles que queirades doar roupa, debedes metela en bolsas e entregala no colexio. Pedímosvos, para facilitarnos a labor, que usedes unha bolsa por talla e por fora lle poñades o tallaxe correspondente e si é de neno, nena, muller ou home. O último día para a recollida da roupa será o 05 de maio de 2017.

A roupa doada será entregada a familias necesitadas e ao "Armario Solidario" que xestiona o concello de Coristanco.

Por outro lado, queríamos informarvos de que no colexio hai bastante roupa que os nen@s foron esquecendo durante estes últimos cursos. Rogamos que se alguén ten prendas perdidas no centro pase a recollelas. Se  antes do 5 de maio  ningunha nai/pai foi a recoller a peza de roupa que lle corresponda, entendemos que esta roupa pódese doar.



page | by Dr. Radut