Skip to Content

ADMISIÓN DO ALUMNADO CURSO 2016/2017

ADMISIÓN DO ALUMNADO CURSO 2016/2017

 Na  ORDE do 12 de marzo de 2.013 desenvólvese o procedemento para admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos.

  ANEXOS QUE DEBEN CUMPRIMENTAR

  ANEXO I. Este formulario, de reserva de praza, só o terán que presentar os alumnos/as que se vaian matricular nun centro adscrito. No noso caso serán os de 6º nivel de E.P. para 1º da ESO no I.E.S. PARGA PONDAL e os da E.E.I. DE GONTADE  para 1º de EP do noso centro.  O prazo para esta xestión é do 1 ao 15 de febreiro. 

 ANEXO II. Formulario de solicitude de admisión que deberán presentar entre o 1 e o 29 de marzo do 2016, as familias que soliciten praza por 1ª vez nun centro público, ou que queiran cambiar de centro.

Lea atentamente as instrucións e non se esqueza de asinalo polo pai, nai ou representantes legais da alumna/o, e no caso de separación ou divorcio por ámbolos dous proxenitores ou titores legais, agás que aquel que formalice a instancia teña atribuída a patria potestada con carácter exclusivo.

Pódense consultar as vacantes para o curso 2016/2017 picando no seguinte enlace:

VACANTES

 Para máis información e descarga de formularios de admisión, picarase nos seguintes enlaces:

INFORMACIÓN XERAL 

PRAZOS 

 PUNTO COMPLEMENTARIO PARA A ADMSIÓN 

 

HORARIO DE ATENCIÓN PARA O PROCESO DE ADMISIÓN 

Luns: 12:00 a 14:00h

Martes: 10:25 11:50h;

Mércores: 11:50 a 13:00h ;

Xoves: 14:00 a 14:50h;

Venres: 11:50 a 13:00h e de 14:30 a 16:15h

 

 



page | by Dr. Radut