Skip to Content

Xornada formativa sobre internet e menores: vantaxes, riscos e pautas de actuación.

Estimadas familias:

O vindeiro martes 1 de decembro teremos unha xornada formativa sobre o uso de internet, as súas vantaxes, os seus riscos... en definitiva, aprenderemos unhas pautas básicas de como utilizar os medios tecnolóxicos, tanto o alumnado como as familias. Este tema parécenos moi importante é moi necesario abordalo dende todos os ámbitos , casa e escola.

 Esta formación a patrocina o Centro de Formación e Recursos de A Coruña e ten como centro colaborador o CFR de Vimianzo e será impartida polo Colexio Profesional de Enxeñaría de Informática de Galicia.

A xornada transcurrirá do seguinte xeito:

  • Pola mañá e pola tarde ( durante o horario lectivo) recibirán unha sesión formativa os nen@s de 1º a 6º de Educación Primaria, dividido en tres sesións por idades, no colexio.
  • Pola tarde, a formación estará enfocada ás familias e todo aquel que esté interesad@ na temática. Será de 17:00 a 20:00h no Edificio de Usos Múltiples de Coristanco ( cedido polo Concello). 

Este é o cartel informativo sobre a xornada da tarde.

Esperamos que vos animedes a participar nesta actividade. Grazas pola vosa colaboración.

 



page | by Dr. Radut