O próximo venres os alumnos/as de 6º de EP acudirán ao CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco para participar nunha xornada deportiva e de convivencia, onde poderán xogar cos nenos/as dos mesmos cursos do centro anfitrión misturándose en diferentes equipos. Os nenos/as xogarán ao brilé, ao balón torre e ao fútbol sen balón, tendo en conta que a xornada terá un carácter lúdico e non competitivo.
Esta actividade está encadrada no programa XOGADE organizada pola Xunta de Galicia, e dentro do PROXECTA ao que está adherido este centro.
Agardamos que estes encontros sexan igual de satisfactorios que os organizados o curso pasado.