Skip to Content

A familia e o transporte escolar

As nais e os pais, así como os titores legais, de ser o caso, teñen unha responsabilidade importante na seguridade dos seus filos e das súas fillas no que se refire ao transporte escolar. Deberán asegurarse de que coñecen estas regras:

  • Que chega a tempo.
  • Que non corre para chegar ao bus, nin para subir ou baixar del.
  • Que se retira cara atrás cando se achega o bus.
  • Que non empuxa aos demais.
  • Que se mantén sentado/a no seu sitio.
  • Que non grita nin alborota.
  • Que obedece á persoa acompañante e ao/á condutor/a.
  • Que agarda ao sinal do/a acompañante se ten que cruzar por diante do bus, e que sempre o fai a unha distancia de tres metros.
  • Que nunca se agacha por debaixo ou preto do bus.

Se vai recoller a súa filla ou o seu fillo con coche particular, non estacione ao lado oposto da parada do bus, isto obrigaríalle a cruzar a rúa, co risco que iso implica. Pode evitalo aparcando no mesmo lado que o fai o bus. Non deixe que a súa filla ou o seu fillo corra ou xogue con movementos bruscos na parado do bus. É moi perigoso cando hai tráfico preto. No caso de que decidise recoller o seu fillo/a no centro escolar, non se esqueza de avisar. Deixe un escrito no centro no que conste que, baixo a súa responsabilidade, non utilizará o transporte escolar nese día ou nun dos traxectos. Recorde que os pais, nais ou titores legais deben acompañar ao seus fillos/as ata a parada e agardar alí ata que os recolla o autobús escolar e recollelos tamén na parada á volta.


MANUAL BÁSICO DO TRANSPORTE ESCOLAR 

 

A DIRECCIÓN



story | by Dr. Radut