PEQUECIENCIA NA BIBLIOTECA

Como sabedes, no centro celebrouse recentemente o "DÍA DA CIENCIA EN GALEGO", no que se organizaron diversas actividades e exposicións. No caso dos nenos e nenas de 3 e 4 anos tamén acudimos á biblioteca e alí descubrimos unha serie de libros cos que documentarnos sobre o tema que estamos a traballar na aula: O CORPO HUMANO. Foi unha sesión chea de curiosidades e, por suposto, de moita ciencia!

 

 

 

 

Por certo! Pepe, o noso esqueleto, non quixo perder este momento e acompañounos na nosa investigación.

 

Un saúdo! 

 

Powered by Drupal - Design by artinet