Decembro 2020

FELICITACIÓN DE NADAL

 

Termina un ano difícil e moi distinto ao que calquera puidera imaxinar. As celebracións destes días tamén han de estar condicionadas pola evolución da pandemia mais non podemos deixar pasar a oportunidade de desexarlle a toda a nosa comunidade educativa que siga mantendo a ilusión e forzas para afrontar estas dificultades.

Por suposto tamén queremos aproveitar a oportunidade para agradecer a axuda e comprensión prestada para saír adiante nesta situación. Agradecemos ao alumnado polo seu exemplar compromiso coas normas e por facilitar o desenvolvemento do curso e ás familias pola colaboración e confianza que nos deron nesta nova e esixente realidade.

Por último, estimamos moito o valioso apoio do resto da comunidade educativa para poder rematar o trimestre coa nula incidencia do virus no noso centro.

Cos nosos mellores de desexos de paz, saúde e ilusión para o vindeiro 2021.

O equipo directivo

 

Fai clic aquí para ver a Postal de Nadal

RECOMENDACIÓNS LECTORAS FAMILIAS

NA BIBLIOTECA DO CENTRO DISPOÑEMOS DE LECTURAS QUE VOS PODERÍAN INTERESAR, ESTARÍAMOS ENCANTADOS DE COMPARTILAS CON TODOS VÓS. PINCHADE NA IMAXE PARA VER ALGUNHAS.

ÁNIMO E BO NADAL!

RECOMENDACIÓNS LECTORAS NADAL 2020

NESTE CURSO TAN ESPECIAL NON PODEMOS ENVIAR O TRÍPTICO COAS RECOMENDACIÓNS LECTORAS PERO AQUÍ TEDES UN TRABALLO FEITO POLOS CENTROS PLAMBE DE A ESTRADA. PICADE NA IMAXE. MOITO ÁNIMO E..... A LER!!!!

 

Powered by Drupal - Design by artinet