Novembro 2018

PRESENTACIÓN MÉTODO BARRUMAT

O pasado 17 outubro, tivemos unha actividade na que Mari Carmen Matalobos e Carlos Barruso nos presentaron ao alumnado e profesorado do centro o seu patentado Método de estimulación cerebral "BarruMat". O método busca conxugar o exercicio físico, a cromoloxía e a música para activar as funcións motoras e sensoriais acompañado do son, en directo, do saxo de Carlos Barruso.

 

Fixéronnos unha pequena demostración dos diferentes exercicios que levan a cabo acompañados dunha breve explicación do que se traballa en cada un deles.

Dende o centro queremos expresar o noso agredecemento pola implicación mostrada por eles en todo momento así como pola súa desinteresada colaboración.

 

 
 

 

 

 

 

O Cabada Vázquez en Radio Codeseda

Experimentamos a radio un ano máis. Desta volta elaboramos unha cuña publicitaria grazas á colaboración do noso mestre en prácticas Alberto.  Desexamos que vos guste...  Logo desta pequena experiencia, gran parte do profesorado está convencido das posibilidades que esta potente ferramenta didáctica pode ofrecer a todo o alumnado do centro; de feito, neste momento tres docentes do centro están particpando nun curso de radio escolar.  As grandes vantaxes son moi importantes  tamén para o alumnado con dificultades na expresión oral, na fluidez verbal, na escoita activa...  Sen embargo, a grande desventaxa coa que nos atopamos é que o equipamento básico co que esta actividade se puido levar a cabo, pertence na súa totalidade, ao mestre de prácticas citado anteriormente, Alberto Pereiras, que con moito interese e xenerosidade se ofreceu para sacar adiante esta iniciativa. É por iso polo que nun futuro, próximo, xa neste curso, nos gustaría atopar a posibilidade de conseguir ese equipamento para poder desenvolver e implementar unha radio escolar no noso centro.  

Powered by Drupal - Design by artinet