Maio 2015

CURTO PDI E LETRAS GALEGAS

Seguimos traballando no Proxecto Documental Integrado deste curso, ARREDOR DOS MUÍÑOS.

Próximamente publicaremos aquí unhas fotos e un curto de animación que está ultimando a mestra Irene.

Este curto está relacionado coas Letras galegas, sendo un dos personaxes Filgueira Valverde. Como todos e todas sabedes Xosé Filgueira Valverde foi o autor homenaxeado nas Letras Galegas deste ano.

Fixo unha importante recopilación do folclore galego (cantigas, historias,..) verédelo acompañado de Losada Díeguez, mestre e colaborador del, e figura importante para o Concello da Estrada xa que pasou parte da súa vida na localidade.

As figuras que aparecen no curto foron feitas polo alumnado do Cabada Vázquez.

 

Espero que vos guste.

Grazas profe Irene.

Liatantoscontos

18/06/2015

PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO 2014/2015

"ARREDOR DOS MUÍÑOS" é o Proxecto Documental Integrado (PDI) que estamos levando a cabo no cole neste curso 2014/2015.

Para acceder ao documento preme no título do Proxecto ou no arquivo adxunto.

 

 

Un saúdo a todos e todas.

 

Liatantoscontos 

Powered by Drupal - Design by artinet