You are hereEscolares / Arts and Crafts

Arts and Crafts


Flipbook

A última proposta deste ano 2020 para Arts & Crafts consistiu nun flipbook, ou folioscopio, unha idea coa que se lles quere facer ver a orixe do cine, e tamén unha maneira de que saiban crear animación de forma totalmente voluntaria, por suposto.
Na ligazón podemos ver algunhas das mellores propostas.

 

Ideas con máscaras Covid

Propostas de deseño de ideas utilizando máscaras Covid

Collagasaurus

A principios do ano 2020, a institución Snithsonian deu libre acceso a millóns de imaxes relacionadas coas súas coleccións en dezanove museos.
En colaboración coa mesma institución, os ilustradores Jon Scieszka e Steven Weinberg elaboraron unha proposta para deseñar unha especie de figuras animais a través do collage, mesturando as imaxes liberadas pola institución Smithsonian, proposta que pode descargarse no arquivo pdf desta páxina, e todo iso tamén pode verse no vídeo de Youtube dos propios ilustradores explicando isto.
Foi unha das propostas para a clase de Arts&Crafts durante o confinamento mantido no terceiro trimestre do curso escolar 2019/2020, e os resultados poden verse no noso canal de Youtube.

Día da Nai, maio 2020

En pleno confinamento polo Covid-19, este foi un dos traballos realizados para Arts & Crafts, ou Plástica plurilingüe, polo alumnado de primaria, dende as súas casas.

Lemas contra a violencia de xénero

Seguindo a proposta da Secretaría Xeral de Igualdade, tratamos de promover a reflexión sobre esta loita no noso centro educativo, polo que se lle propuxo ao alumnado a idea de elaborar uns lemas para este día, e sensibilizar sobre a importancia que ten este tipo de valores.