You are hereAutorización do uso de imaxes

Autorización do uso de imaxes


 

     Informámoslles que as imaxes e vídeos da nosa páxina web corresponden ás actividades realizadas enmarcadas na programación xeral do centro pola comunidade educativa do mesmo. Os responsables do alumnado que aparece nelas tiveron a ben durante o proceso de admisión do mesmo asinar un consentimento específico para permitir a difusión destas imaxes a través dun recurso educativo en liña, da páxina web do centro, revista do centro ou publicación educativa. Do mesmo xeito, familias e responsables quedaron informados do seu dereito, polas vías administrativas axeitadas, á revogación desa autorización de uso de imaxe.

      Recórdaselles que a descarga deste tipo de material visual e o uso por terceiras persoas fóra do estrito ámbito de toda a contorna e funcións permitidos polo consentimento asinado mencionado anteriormente (isto é, a difusión meramente informativa das nosas actividades complementarias e extraescolares a través da páxina web oficial do centro e a través das contas das que o centro é titular) non respecta o fixado pola lexislación e, polo tanto, non resultaría ser legal. O CEIP Plurilingüe dos Blancos non se fai responsable do uso que se poida facer destas imaxes por terceiros fóra do ámbito dos espazos web que son da súa titularidade.