You are hereComedor Escolar

Comedor Escolar


 

AXUDAS COMEDOR ESCOLAR XESTIÓN DIRECTA. CORONAVIRUS: COVID-19

 

ORDE do 27 de marzo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas de carácter directo ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar nos centros públicos non universitarios xestionados por esta consellería durante a situación de suspensión do servizo de comedor como consecuencia do COVID-19, co levantamento dos prazos de suspensión do procedemento (código de procedemento ED601B) (DOG do 30 de marzo de 2020).

 

 

A QUEN VAN DIRIXIDAS ESTAS AXUDAS

A familias que durante o curso escolar pagan 0 euros polo comedor, ou 1€ polo mesmo.

 

EN QUE CONSISTEN AS AXUDAS

Nunha compensación do custo diario do menú por comensal, entendido como o servizo de comida ao mediodía, e polos días de lectivos de suspensión da prestación do servizo como consecuencia das medidas adoptadas pola pandemia do COVID-19.

Así pois axúdase economicamente a manutención do alumno/a que é o que se viña a facer no centro educativo.

 

CANTO SE VAI PERCIBIR

(2,50 € por día) no casos de alumnado gratuidade total, (1,50 € por día) para o alumnado que paga 1€

 

POR CANTOS DÍAS

Marzo: dende o día 16 ata o 31 de marzo: en total 11 días lectivos.

Abril: dende o 1 ó 3 de abril: en total 3 días lectivos.

NOTA: No caso de haber outros 15 días de confinamento cubriría os días lectivos que quedasen ata o 1 de maio (que xa non estaría incluído por ser festivo)

 

SISTEMA DE PAGAMENTO

Vai haber dous pagos.

1º pagamento: polo período de marzo e o de abril ata semana santa (3 abril).

2º pagamento: so no caso de prorrogarse unha terceira situación de alarma ata o 1 de maio.

 

BENEFICIARIOS

Familias que cumpran os requisitos económicos (punto 2) cun ou máis fillos escolarizados en centros educativos ó cargo da Consellería de Educación.

 

FORMA DE PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE E PRAZOS PARA PRESENTALA

Prazo: dende o día 31 de marzo o 6 de abril, ambos inclusive.

 

Forma de presentación: de maneira electrónica sempre, de calquera destas dúas formas:

1ª) Formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galiciahttps://sede.xunta.gal. Para elo é necesario ter certificado dixital, ou a chave 365.

2ª) Enderezo electrónico do centro: enviando un correo  a  ceip.blancos@edu.xunta.es  cubrindo os seguintes datos:

 

-Nome do alumno/a:

-Indicar no seu caso se é comensal de gratuidade total ou abono de 1€:

-Nome do pai/nai:

-DNI do pai ou nai:

-Número de conta bancaria onde desexa recibir o pagamento:

 

TEMPO QUE TARDA EN RESOLVERSE O PROCESO

10 días, desde que finalice o prazo de presentación de solicitudes.

 

TEMPO QUE TARDA A XUNTA EN ABOAR AS AXUDAS

5 días dende que salga a resolución.

 

CANDO SE PUBLICA A RESOLUCIÓN

Non se van publicar as listaxes por seren datos de especial vulnerabilidade, así que cada familia saberá se é beneficiaria ou non polo ingreso recibido na conta bancaria indicada.

 

Atentamente, a dirección do CEIP Plurilingüe dos Blancos.

 

 

-------------------------------------------------------------------------------------------

-------------------------------------------------------------------------------------------

 

USUARIOS COMEDOR ESCOLAR

CURSO 2020-2021

Os usuarios do comedor do centro escolar deberán cubrir o documento  "Modelo de Autodeclaracion Comedor Escolar Curso 20202021", que poden descargar e imprimir, para poder presentar no centro, xunto coa documentación necesaria que xustifique a súa situación familiar:

-Libro de familia.

-Outra documentación diversa.

"Aos efectos de orientar ás familias sobre o cálculo do importe dos prezos públicos polo uso do servizo de comedor escolar, incorpórase unha calculadora a través da páxina web da consellería que facilita o cálculo en función da renda neta per cápita da unidade familiar e do número de menores en idade escolar". O acceso a calculadora estará dispoñible a través do link:
https://www.edu.xunta.es/comedores/calculadora.jsp

 

AdxuntoTamaño
Instrucions Para Cubrir Modelo Autodeclaración do Comedor.pdf91.11 KB
Modelo de Autodeclaracion Comedor Escolar Curso 20202021.pdf154.58 KB