You are hereComplementarias
Complementarias
Festival de Nadal 2020
Este ano, debido á situación sanitaria, non foi posible celebrar o festival de Nadal, como se fixo noutras ocasións, contando coa presenza das familias. Por dito motivo, decidimos gravar as actuacións do alumnado e presentalas para o seu visionado a través da canle en Youtube.
Así pois, confiemos en que a situación mellore. En calquera caso, agradecemos sempre o esforzo e a colaboración das familias co centro e o profesorado, tendo en conta o feito de que tivemos un comezo de curso moi diferente, organizado e seguro, e un trimestre que xa se nos foi case voando. A todos, e especialmente aos pequenos campeóns, ánimo e forza, e que o ano 2021 nos devolva tanto os momentos colectivos como as actividades conxuntas!
Letras Galegas 2020: Ricardo Carballo Calero
Para conmemorar o Día das Letras Galegas este ano que estiveron confinados, pedíuselles aos nosos alumnos de 5º e 6º de Primaria colaboración para o recitado do poema "Ferrol 1916", un poema de D. Ricardo Carballo Calero que evoca a súa infancia, a nenez que viviu en Ferrol. Agradecemos o traballo feito a todos os que finalmente puideron colaborar. Feliz Día das Letras Galegas!
A Constitución no cole dos Blancos
Este traballo foi realizado polos alumnos e polas alumnas de 2º e 3º de Educación Primaria do “CEIP Plurilingüe Os Blancos”, durante o curso escolar 2.018 - 2.019, para celebrar o Día da Constitución.
O traballo do mestre e titor deste grupo de alumnos e alumnas, en relación á elaboración da presente Constitución, consistiu en explicar artigo por artigo, punto por punto e disposición por disposición, a “Constitución Española do 6 de decembro de
1.978”. As miñas explicacións adapteinas sempre ó nivel de compresión destas nenas e nenos –lembremos que teñen entre 7 e 8 anos-.
O seu traballo foi realmente o importante: tiveron que escoitar as miñas explicacións para logo expoñer as súas ideas sobre as mesmas e posteriormente votar para decidir entre todo o grupo-clase se se mantiña cada aspecto tratado na “Constitución Española do 6 de decembro de 1.978”, se o modificaban, se o suprimían ou, incluso, se introducían algo novidoso en relación ó texto da citada “Constitución de 1.978”.
Os alumnos e alumnas de 3º elaboraron completamente esta norma, contando tamén co alumnado de 2º curso durante a maior parte do traballo, aínda que non na totalidade do mesmo.
Abaixo teñen o resultado obtido:
1.-Constitución de Os Blancos proposta polos nenos, versión en Castellano.
2.-Constitución de Os Blancos proposta polo grupo de nenos, versión en Galego.
CELEBRAMOS O SAMAÍN
O pasado 28 de outubro celebramos, como en anos pasados, o Samaín. A festa este ano foi un pouco especial: como outros anos, o colexio preparouse para tal evento, houbo premios para as mellores cabazas e tamén houbo un desfile moi especial de disfraces polo pobo dos Blancos, onde recibiron aos nenos con moitos agasallos.
Se queres ver como nos foi na festa, preme na imaxe anterior
CELEBRANDO O DIA DO LIBRO
Aqui temos o mural con todos as actividades feitas polos nenos.
Obras teatro en Bande maio 2009
Actuación teatro en Bande o día 19. Obras a representar: "Atasco" e "A princesa que non sabía esbirrar"