You are hereSOLICITUDE AXUDAS DO FONDO LIBROS

SOLICITUDE AXUDAS DO FONDO LIBROS


FONDO LIBROS E AXUDAS DE MATERIAL ESCOLAR
(CURSO 2023/24)

*   *   *

Normativa da convocatoria

-Orde do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2023/24 (DOG do 19 de maio)

-Extracto da Orde do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas [...] en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2023/24

Prazos de solicitude

-Alumnado con reserva de praza no centro: o prazo de solicitude iníciase o día 20 de maio e remata o día 21 de xuño (este incluído).

-Alumnado de incorporación tardía: o alumnado que deba incorporarse ao centro fóra do prazo ordinario disporá dun mes de prazo para solicitar o Fondolibros contado a partir da formalización da súa matrícula. En ningún caso se tramitarán solicitudes con posterioridade ao 31 de marzo de 2024.

Lugares de presentación

-Vía electrónica. As solicitudes poderán presentarse por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación Fondolibros da Consellería de Educación a través da Sede electrónica da Xunta de Galicia.

-No propio centro.

-Rexistros oficiais. Poderán presentarse as solicitudes en calquera rexistro oficial dos establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Documentación

a) Formularios Anexos I e Anexo II da Orde cubertos.

b) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o alumno e os demais membros computables da unidade familiar.
En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
Excepcionalmente (cando non sexa posible facelo polos medios anteriores), poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:
1º. Certificado ou volante de convivencia.
2º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.
Nos casos especiais, en que a composición da unidade familiar non se axuste ao sinalado no artigo 4.1 desta orde, achegarase un certificado ou volante de convivencia en que deberán figurar o/a alumno/a e todos os familiares que convivan con el/ela, ou un certificado dos servizos sociais do concello que acredite a situación familiar.
c) Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.
d) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, cando o agresor forme parte da unidade familiar.
e) Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
f) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.
g) Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor o titores carezan de DNI e NIE.

Listaxes do Fondolibros

Listaxes provisionais. Publicaranse as listaxes da resolución provisional o día 12 de xullo no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar. Os participantes no proceso disporán de 2 días para facer alegacións contra as listaxes provisionais.
Listaxes definitivas.
De acordo coas bases da convocatoria, publicaranse as listaxes da resolución definitiva o día 26 de xullo.

OS VALES DE MATERIAL

PODERÁN RECOLLELOS NO CENTRO

A PARTIR DO 26 DE XULLO

Listaxe definitva. Admitidos no fondolibros 2023-24

Listaxe definitiva. Excluidos no fondolibros 2023-24

 

DEVOLUCIÓN DOS LIBROS DO FONDO

Os libros de texto obtidos do fondo solidario ou a través das axudas para material escolar deberán devolverse no centro en bo estado ata o 22 de xuño. A falta de devolución dos libros de texto será causa de exclusión da participación no fondo solidario e das axudas para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2023/24.