Skip to Content

Organización

Normas de uso da biblioteca

 Tríptico informativo (preme nas imaxes)


 


 


 


NORMAS DE USO E HORARIO DA BIBLIOTECA ESCOLAR


O espazo físico da biblioteca está dividido en dous ambientes de lectura: un para prelectores e primeiros lectores e outro para lectores autónomos e expertos que tamén contén os fondos para consulta. Estes recunchos de lectura están separados por andeis.


Os andeis que conteñen os libros de literatura infantil e xuvenil están marcados cunha liña de cor (azul, vermella, verde e amarela) para que os usuarios podan acceder aos fondos directamente, de forma autónoma. Os fondos están etiquetados segundo as normas da CDU e colocados seguindo o orde alfabético do autor.


 


O uso da biblioteca escolar rexerase polas normas e horario que a continuación se relacionan:




  • A biblioteca estará aberta durante todo o horario lectivo (10:00-16:30)



  • Ao principio de cada curso escolar establecerase un horario que se reflectirá no plan anual de lectura. Neste horario indicaranse as sesións que estarán dedicadas á xestión e organización da biblioteca e aquelas que se lle asignan a cada nivel educativo.



  • O profesor/a titor/titora ou profesorado especialista que acuda co seu alumnado será o/a responsable da biblioteca escolar nese momento.



  • A profesora responsable da biblioteca escolar será a encargada de establecer as quendas correspondentes de forma que cada nivel poda acudir, como mínimo, unha hora semanal. Este horario concretarase no plan de lectura ao inicio de cada curso escolar.



  • Fóra do horario que cada nivel teña asignado, cada profesor ou profesora poderá acudir cos seus alumnos e alumnas cando a biblioteca estea libre, evitando que haxa interferencias no seu uso.



  • Os usuarios da biblioteca quedan obrigados a respectar as normas elementais de comportamento que garantan o correcto funcionamento da mesma.



  • Os alumnos e alumnas poderán levar ao seu domicilio calquera libro agás os libros de consulta que poderán ser utilizados só na propia biblioteca ou ben nunha aula do centro.



  • O período de tenencia dos libros de literatura será como máximo de 15 días se ben poderá ser variado a criterio do profesor que realice o empréstito.



  • Excepcionalmente, os libros de consulta poderanse prestar durante a fin de semana.



  • O profesorado poderá levar á aula todo tipo de material (libros de literatura, DVDs, dicionarios, enciclopedias ). O tempo de tenencia deste material será dunha semana.



  • Tamén se poderán levar á aula lotes de libros dun mesmo título para ser lidos  por todos os alumnos/as da aula e realizar traballos sobre os mesmos. Neste caso o tempo máximo será dun trimestre.



  • Cando a un libro se lle cause un dano grave ou se perda, será abonado o importe do mesmo ou deberá ser reposto.


HORARIO DE USO DA BIBLIOTECA ESCOLAR PARA O CURSO 2011/2012


          

Distribuir contido


by Dr. Radut