Skip to Content

Club de lectura

Lectura Trouleira Infantil

O Martes 14 de Novembro celebramos a segunda reunión do noso club de lectura infantil. A continuación deixamos un pequeno resumo das actividades que se levaron a cabo nos diferentes grupos:

Club de 4º-5º-6º: A nosa lectura de Dúas bágoas por máquina de Fina Casalderrey non foi un ñexito.  Empezaron o libro mal, sen moitas ganas e non lles estaba gustando. Algunha comentaba que non era moito o seu estilo de lectura, aínda que rematou chorando e que o final lles resultara moi triste. En xeral o estilo de escritura resultoulles fácil, quizá incluso un pouco infantil. Recomendaríanlle o libro a nenos máis pequenos aos que lles gustasen moito os animais.

Próxima lectura A Raiña das Neves de Hans Christian Andersen.

Club de 3º: A segunda reunión serviu para contarse uns a outros un pequeno resumo do que leron. Algúns desfrutaron moito da lectura e outros nada, pero aí está a variedade que nos dan os libros, os que nos gustan os leeremos e senón escolleremos outros. O importante e construir e compartir o gusto pola lectura (e pola merendola que acompaña ás nosas reunións).

Na seguinte reunión comentaremos a lectura de “El gato que desapareció misterioresamente” de Allan Ahiberg. Agardamos as opinións desta xuventude.

Club de EI-1º-2º: Escoitaron dúas historias do máis "escalofriantes" acorde co pasado Samaín, mentras ían realizando uns cortes nun papel tras o que remataron obtendo unha figura da historia. A verdade foi unha maneira do máis entretida de escoitar historias...

Lectura Trouleira Familias: Novembro

O pasado Luns 6 de Novembro tivemos a segunda reunión do club de lectura de familias e profesorado. As participantes tiveron que ler Una habitación propia, da autora Virginia Wolf durante o mes de outubro. Este ensaio non tivo moi boa acollida, moitas das participantes comentaron que lles resultou complexo de ler, tanto no referente ao estilo da autora como no feito de que nomea moitos autores, autoras e obras que complican á hora de seguir o fío do que se está a ler.

Coma sempre houbo excepcións, algunhas como Claudia mencionaban que xa o tiñan lido con anterioridade e que desfrutaran desta segunda lectura. Tamén foi reseñable o comentario no foro na aula virtuaque fixo Alba, quen non puido vir presencial. Alba redactou unha extensa reseña  con varias reflexións sobre o leído e a relación coas situacións actuais das mulleres e das autoras, recalcando na fundamentalidade da independencia económica.

En resumo, aínda que non gustara moito, cremos que é importante achegar diferentes xéneros e moitas das participantes dixeron que se animarían a ler outros ensaios de feminismo.

O próximo libro será La habitación de atrás de Belen Moreno, a celebraremos o día 4 de decembro e teremos unha sorpresiña. Coma sempre deixamos anexada a presentación. Ata a próxima!

Lectura Trouleira Familias Novembro

Distribuir contido

by Dr. Radut