Skip to Content

Educación emocional

Actualmente, atopámonos nunha situación perfecta para que os nenos e nenas aprendan a xestionar a súa frustación, o seu estrés, a súa ira, a súa alegría e os seus medos.  Estamos nun momento idóneo para guialos sobre como xestionar as súas emocións, xa que a pesar de ser pequenos, sufren igual que os adultos todas aquelas situacións que escapan da súa rutina e da normalidade que os rodea. Así, debemos aprender a ser máis comprensivos, máis empáticos, máis coidadosos por se volve a suceder algo así. Esta situación extraordinaria, estanos brindando a posibilidade de coñecernos máis, así que vamos a aproveitala.

Propóñovos unha serie de actividades que non necesitades imprimir se non podedes ou non vos apetece, simplemente empregalas de guía para o traballo coas emocións dos vosos pequenos e pequenas. Así que, ahí van algunhas propostas:

  

- Podedes facer un diario sobre as emocións dos vosos pequenos e pequenas de cada día.

- Deixovos un clásico para o traballo desta temática.

E outro para reflexionar, a min fíxome pensar, e moito.

Xa me diredes as vosas reflexións e as dos vosos pequenos e pequenas.

 

BOA SEMANA FAMILIAS!!!!! XA NON QUEDA NADA PARA VOLVER A VERNOS!!!! Sorriso

 



book | by Dr. Radut