Skip to Content

EDUCACIÓN FÍSICA

Bo día.

Preparadas e preparados para unha nova semana. 

Imos a pola terceira semana e para afrontala con mais alegría e motivación propóñovos un novo e divertido reto de Educación Física en familia. É importante que colaboremos en familia, porque todos precisamos activarnos diariamente e manternos en forma e porque xuntos/as somos mais fortes.

O reto consiste en elaborar a vosa propia coreografía. Unha coreografía sinxela, cun mínimo de 5 movementos para os/as mais dotados e dotadas e sen límite máximo. Trátase de movernos e pasar un intre divertido, polo que non debemos pararnos en buscar movementos complicados.

Bailaremos o estribillo dunha versión da canción "Resistiré", melodía que escoitamos moito estes últimos días.

As nosas posibilidades de movemento son infinitas posto que, podemos saltar, xirar, agocharnos, mover brazos, pernas,... Para darvos ideas déixovos o enlace dunha creografía con pasos sinxelos para que poidades copiar movementos ou adaptalos. 

Coreografía MÓVETE MAIS: FAI CLICK AQUÍ  Esta coreografía dura uns 13 minutos e poderiamos empregala para aumentar o noso tempo de actividade física diario.

A pola coreo! E non deixedes de xogar a SERPES E ESCALEIRAS e inventar os vosos propios xogos.

Un saúdo

 

 

AdxuntoTamaño
TROZO RESISTIRÉ.flv682.16 KB


page | by Dr. Radut