CUBOS CONTA HISTORIAS
Propoñémosvos unha actividade semellante á que facedes no recreo, no recanto literario; conta historias. Pero, en lugar de empregar fichas empregaremos cubos. Trátase dunha actividade que nos permitirá traballar de maneira conxunta a Educación Artística (xa que teremos que preparar os cubos) e a lingua galega ou castelá, a que escollades para elaborar as vosas historias.
1º) Imprime, colorea, recorta e monta os cubos.
2ª) Xoga a inventar historias: lanza os tres dados e inventa unha historia coa personaxe, obxecto e lugar que saian. Escríbeas para poder compartilas cos teus compañeiros e compañeiras.
No caso de que non poidas imprimir os dados, temos varias opcións:
- Escolle a personaxe, o obxecto e lugar que queiras e fai igualmente a túa historia.
- Fai etiquetas coas personaxes, os lugares e obxectos; dobra as etiquetas de forma que non se vexa o que hai escrito e sepáraas en tres montóns. Agora só tes que coller un etiqueta de cada montón e escribir a túa historia.
- Debuxa os cubos nun folio e, a continuación, recórtaos e móntaos. Ten en conta que os cadrados teñen que ter todos a mesma medida e lembra deixar as solapas para poder pegalo.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
CUBOS CONTA HISTORIAS.pdf | 581.77 KB |