Skip to Content

MÚSICA (NOVO PARA TODOS)

 Os raios de Sol aparecen entres as nubes, os campos florecen con cores rechamantes , o canto dos paxaros enfeitízanos coas súas melodías.... en que estación do ano nos atopamos? Sí, en PRIMAVERA!

Pois tamén a primavera  chega ó terreo musical da man do gran compositor vienés Antonio Vivaldi ,que viviu fai máis de 300 anos ( 1678-1741). 

 

Xa falamos de que a Vivaldi encantáballe admirar a natureza en cada estación do ano. E por iso, compuxo unha obra para cada unha delas. Pois xa a natureza é un obra musical por sí mesma e, ó escoitalas, transportámonos ás diferentes estampas .

Cada unha ten os seus encantos. Co outono chegaba o momento de sacar o paraguas, poñer as botas e observar esa combinación de cores alaranxados,amarelos , vermellos...  nas follas das árbores  que, coa súa caída dan paso ó inverno . Chegaba así o  momento de poñer as luvas, os abrigos e de movernos para quecer o corpiño.  E agora,  é a quenda da primavera e tócanos disfrutar da música desta.

Para iso, coma sempre, dramatizaremos esta obra. Nunha primeira escoita, moverémonos libremente según o que nos transmita a música ( atendendo ó tempo, carácter, os cambios que se producen...) Nunha segunda escoita, dramatizamos  o saír do Sol, os paxariños, a choiva...  clic aquí

A.Lucio Vivaldi

 

 

Outro exemplo desta música que xa vimos é  o " Carnaval dos animais" de Saint-SaËns. clic aquí, para volver vivencialo. Tamén podedes facer as caretas dos diferentes animais.

 

 

Para 4º,5º,e 6º ( a maiores)

Este tipo de música que nos evoca ( que nos fai imaxinar ou lembrar) ou describe escenas, paisaxes e sentimentos chámase música programática ou descriptiva .A música convértese en algo máis que sons e a súa mestura ,que é o que se chama música pura ou absoluta.

 

Outro exemplo é " O Moldava" do compositor checo Smetana. Trátase dun poema sinfónico ( un tipo de música programática). O compositor cóntanos mediante a música ,o curso do río Moldava. Como nace nas montañas, como vai atravesando diferentes paisaxes , atopádonse cunha festa onde a xente está a bailar e por último desemboca no mar.

Clic aquí para escoitar e clic aquí para saber máis.

 

Unha aperta forte rapaces e rapazas!

Antía

 

 

 



page | by Dr. Radut