E POR FIN.....XOGAMOS Ó UNOOOOO!!!!
O prometido é deuda e despois de xogar coas cartas do ABN en sesións anteriores, quedábanos ver como era o xogo de verdade. Así que, MANS Á OBRA!!!
Nas primeiras partidas que fixemos, xogamos coas cartas visibles para poder axudalos mellor. Porén, pouca axuda precisaron aínda que se sentían máis seguros con elas á vista, así que...pouco a pouco!!!
E ASÍ ESTAMOS, COMO NO SALÓN DA CASA!!!
REXISTROS DIARIOS.
Dentro das nosas rutinas diarias da asamblea, rexistramos o tempo metereolóxico, pero nós que somos como pequenas esponxas, non nos chega poñer o icono no día correspondente, senón que rexistramos nun gráfico mensual que interpretamos a medida que avanza o curso. CASE NADA!!!!
Así, ó fío desta actividade, sempre estamos intentando colocar o icono da neve nos nosos rexistros, e despois de tanto tempo...
POR FIN NEVOU NA BARQUEIRA!!!!!
E por suposto, saíamos a velo xunto cos nenos/as da clase da profe Araceli....QUÉ BONITO!!!!
XOGOS NOS RECANTOS.
Posto que o ABN é das actividades e xogos que máis nos están gustando este curso, decidimos modificar un pouco un dos nosos recantos que menos éxito tiña, e ubicar diferentes xogos ligado a esta metodoloxía. Así, algúns xa estamos comezando a traballar co cadrante do 100 ubicando os diferentes números nela.
Continuará!!!