Skip to Content

O ABN INUNDA A NOSA AULA, E NÓS....ENCANTADOS!!!!

Todo son novidades cando volvemos das vacacións, así que comezamos a experimentar con xogos novos.

1º XOGO (xa está paseando pola mochila viaxeira de ABN). Así, primeiro temos que facer a serie numérica, algo que para uns é moi sinxelo pero a outros complícasenos...

Feita a serie numérica ata o 10, comezamos a buscar as pezas coas cantidades correspondentes...

 

2º XOGO: Moi similar ó anterior, xa que hai que comezar por ordear as grafías dos números. Porén, agora en lugar de debuxos temos puntiños que veñen en tiras e aquí radica a dificultade, xa que todo foi moi ben ata que chegamos ó cinco...

Chegados a este punto, as tiras xa non tiñan nin 6, nin 7, nin 8 puntiños.... "Qué podemos facer?"

E como non deixan de sorprenderme, en seguida xuntáronse todos/as e comezaron a facer grupos para formar todas as cantidades que faltaban!!!

....E POUCA AXUDA PRECISARON Sorriso....

 

XOGO 3: A BALANZA. Cómo podemos facer para que sempre se manteña en equilibrio? De momento experimentamos coas posibilidades que podemos ter, e na maior parte dos casos, recurrimos a parte fácil de colocar os pesos no mesmo número. Así que, de momento deixoos experimentar libremente, pero pouco a pouco, buscaremos máis.

CONTINUARÁ...

 



book | by Dr. Radut