Skip to Content

AS NOSAS NOVAS RUTINAS

De volta das vacacións, iniciamos unha nova rutina diaria na asamblea intimamente vinculada a metoloxía ABN. Encántanos este panel do número protagonista, aínda que o noso paso favorito e facer despegar o cohete...

Así os pasos a seguir son os seguintes:

1º. O encargado do día escolle un número (este día foi o 9).

2º. Baixamos os dedos necesarios nas mans ata que marquen o nº correspondente.

3º. Poñemos as "púas" que corresponden ó erizo.

4º. Subimos a cantidade que toca de tartarugas ó autobús.

5º. Buscamos o amigo do 9 e os colocamos ós dous na casiña.

6º. Buscamos a palabra NOVE (en minúsculas e maiusculas).

7º. Colocamos a cantidade correspondente coas imaxes das mans e dos dados.

8º. Colocamos o MAIOR QUE e o MENOR QUE.

9º. Facemos a conta atrás.....9, 8, 7, 6, 5, 4, 3, 2, 1, 0...

...........E DESPEGAMOS O COHETEEEEEEE!!!!!!!!

 

 



book | by Dr. Radut