Skip to Content

Científicos nivel experto

Despois de todo o curso que levamos, o Mércores está sendo o noso día favorito da semana, xa que é o día...¡¡¡DOS EXPERIMENTOS!!!!!

Coa Primavera en pleno funcionamento, decidimos investigar un pouco máis sobre as necesidades das plantas, xa que a profe nos contou que tivo a mala sorte de ver morrer ó seu xirasol....¡¡¡NON LLE PASA A PENA!!!!

Así, e despois de facer uns auténticos muñecos Crecepelos coa profe de A. L. (Merce), reflexionamos sobre que pasaría se plantábamos unhas lentellas e as coidabamos directamente á luz da fiestra e outras coa ausencia total de luz.

Finalmente, atopamos a causa da morte do Xirasol da profe.....¡¡¡¡SEN LUZ, NON HAI PLANTAS!!!!

                     



book | by Dr. Radut