Skip to Content

Sistema respiratorio

Continuamos inmersos de cheo no mundo co corpo humano, desgranando cada unha das partes que compoñen o noso corpo.

Así, fixemos unha parada no sistema respiratorio, e despois do visionado dun vídeo sobre o mesmo, descubrimos a importancia que teñen os nosos pulmóns.

Neste sentido, realizamos diferentes actividades coa respiración para fecernos conscientes das diferentes partes deste complexo sistema, ó mesmo tempo que realizamos unha sesión de relaxación controlando a nosa respiración. Como podedes ver, simulamos tamén como se moven os bebes nas barrigas da mama cando elas respiran. Igualmente, observamos para que serven as nosas fosas nasais, escoitamos a respiración dos compañeiros/as e mesmo como se move o seu corpo ó ritmo da mesma. ¡¡¡¡SOMOS COMO AUTÉNTICOS MÉDICOS!!!!!

                                                         

 

Máis tarde, realizamos exercicios de soplo con palliñas e trociños de papel. Era moi complicado utilizar a forza dos nosos pulmóns para aguantar o papel, pero... ¡¡¡¡O CONSEGUIMOS!!!! Igualmente, xogamos a pasarnos o papel soplando e mesmo a pasalo dunha palliña a outra, ¡¡¡isto si que era complicado!!!!

 

                         

Finalmente, realizamos dous obradoiros científicos relacionados co sistema respiratorio. No primeiro deles, reproducimos a entrada de aire nos pulmóns con dous globos, unha botella, un guante e dúas palliñas. Así, observamos como se dilata o diafragma (guante) coa entrada de aire nos pulmóns (globos), ó mesmo tempo que observamos como se hinchan e desinflan estes órganos. 

En semanas seguintes, nun novo obradoiro, comprobamos como poñer a salvo os nosos pulmóns se ocurrise un incendio. Así, utilizamos tres velas de diferentes tamaños e comprobamos cal se apaga antes consumindo o oxíxeno do ambiente. Por todo isto, debemos saír sempre gateando polo chan.

 

 

 



book | by Dr. Radut