Información

AVISO POR ALERTA VERMELLA

Infórmase ás familias do alumnado de 6º de educación infantil (5 anos) que por mor de aviso de alerta vermella, mañá martes, 24 de febreiro, aplázase a saída ao Aquarium da Coruña ata novo aviso.

A saída do alumnado de 5º de educación infantil (4 anos) do xoves, día 26, manténse.

 

I Xornadas de Educación para a Saúde na escola

O pasado 27 de xaneiro o Ceip da Solaina foi invitado á I Xornada de Educación para a Saúde na escola, onde as Consellerías de Sanidade e Educación tiñan previsto a Presentación da “Guía de axuda para programar os menús escolares” un marco de actuación dentro do Plan XERMOLA.

A invitación do colexio ven motivada por mor da consideración que se ten dende fai moitos anos coa nosa campaña de merendas saúdables que facemos no centro antes dos recreos, e que outros centros a imiten polo desenrolo e calidade alimentaria que se lles ofrece aos escolares

En representación do centro foi o director Antón López Anca, quen espuxo o contido deste proxecto do centro

Vos propoñemos que visualicedes a campaña do colexio, o plan XERMOLA e o programa da I Xornada

Un saúdo

A Dirección do centro

 

 Programa

 

 

Menú xantar febrerio

Achégase o menú do comedor  escolar do mes de febreiro para os usuarios do servicio.

 

Exposición itinerante InvestigArte

Desde o día 12 de xanerio, o centro acolle a mostra itinerante "InvestigArte, exposición dos científicos de hoxe e do mañá," iniciativa que a Fundación Barrié, no marco do seu proxecto educaBarrié, ofrece aos centros de ensino que o solicitan.

Por iso, A Solaina, na súa aposta por achegar ao alumnado á Ciencia, exhibe estes día as mellores obras artísticas do concurso fotográfico InvestigArte, promovido pola Fundación Barrié e do que podedes atopar máis información na súa web

(http://www.investigarte)

A mostra que poderá visitarse no centro en horario lectivo ata o venres, 15 de xaneiro, ofrece as diferentes miradas á ciencia desde a prespectiva de investigadores profesionais e alumnos.

O noso agradecemento a educaBarrié por esta iniciativa.

Bo Nadal 2014-2015

Hoxe, 19 de decembro, o colexio pechou as súas portas con motivo das vacacións de Nadal ata o 8 de xaneiro e fíxoo por todo o alto. Como é tradición, o alumnado do centro de todos os niveis participou con diversas actuacións no Festival do Nadal e recibiu a visita de Papá Noel, visita que espertou moita expectación sobre todo nos máis cativos.

Bo Nadal!

PANXOLIÑAS PARA O NADAL

"Escola de familias"

O vindeiro día 10 de decembro. ás 13.00h, e organizado polo Servizo Sociocomunitario do concello de Narón, terá lugar na biblioteca do centro unha charla informativa  dentro do programa "Escola de familias" destinada a todos os membros da comunidade escolar inrteresados nesta temática.

Programa.

Campaña Esquí 2015

A Deputación Provincial da Coruña vén de convocar a Campaña de Inverno de Esquí 2015 co fin de que os rapaces e rapazas  interesados poidan participar  dunha estadía  dunha fin de semana na Estación Invernal de Manzaneda en Ourense.

Máis información.

 

 

Consello Escolar 2014

 Rematado o proceso de eleccións do Consello Escolar, facilítase o resultado definitivo.

Descargar aquí.

 

 

Menú mes de decembro

 

  Menú do mes de decembro para os usuarios do servicio.

Distribuir contido