I Xornadas de Educación para a Saúde na escola

O pasado 27 de xaneiro o Ceip da Solaina foi invitado á I Xornada de Educación para a Saúde na escola, onde as Consellerías de Sanidade e Educación tiñan previsto a Presentación da “Guía de axuda para programar os menús escolares” un marco de actuación dentro do Plan XERMOLA.

A invitación do colexio ven motivada por mor da consideración que se ten dende fai moitos anos coa nosa campaña de merendas saúdables que facemos no centro antes dos recreos, e que outros centros a imiten polo desenrolo e calidade alimentaria que se lles ofrece aos escolares

En representación do centro foi o director Antón López Anca, quen espuxo o contido deste proxecto do centro

Vos propoñemos que visualicedes a campaña do colexio, o plan XERMOLA e o programa da I Xornada

Un saúdo

A Dirección do centro

 

 Programa