Campañas de Nadal do Concello de Narón [2023]
1. Campaña de recollida de xoguetes: Recolleremos xoguetes para o centro de Recursos Solidarios de Narón, desde o luns 4 de decembro ata o martes 19 de decembro.
2. O Equipo de Educación Viaria do Concello de Narón realiza dúas campañas navideñas:
2.1. "Decora o teu patinete e a bicicleta de nadal!" - Desde o 1 ata o 20 de decembro de 2023. Poderán participar todos aqueles escolares de Narón. Para participar con dereito a agasallo deberase enviar unha foto na entrada do colexio da nena ou neno en bici, patín ou correpasillos decorados de nadal, indicando no correo a seguridadevial@naron.gal o nome e apelidos, nome do centro escolar e curso, así como se é posible que ten consentimento para saír en redes sociais (indicación expresa do pai/nai ou tutor/a do menor).
2.2. "A túa vella bici vale un sorriso" - Desde 1 de decembro de 2023 ata 4 de xaneiro de 2024. A entrega de bici ou patinete por doazón para outros nenos e nenas sen posibilidades poderase realizar no centro escolar (o centro de recursos solidarios porase en contacto co centro para a recollida antes do día 21/12/2023) tamén podera entregarse no Concello de Narón - Educación Viaria en horario de maña de 08 a 14 horas ou no centro de recursos solidarios de Narón no Polígono da Gándara.
MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.¡FELICES FESTAS!
20 de novembro_Día Universal dos Dereitos da Infancia_2023
Hoxe celebramos o Día Universal dos Dereitos da Infancia no noso cole.
CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ROUPA E CALZADO USADO [outubro 2023]
Un curso máis seguimos a colaborar con Mariola Solidaria na CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ROUPA E CALZADO USADO en beneficio da ONG Global Humanitaria.
O día único de recollida é o xoves 5 de outubro de 2023.
MERERENDAS SAUDABLES
REÁBRESE O PRAZO ATA O VENRES 6 DE OUTUBRO.
Prazo inscripción e modo de pago das MERENDAS SAUDABLES:
Este ano, o pagamento do primeiro trimestre das merendas saudables realizarase entre o luns 25 e o xoves 28 de setembro, para iniciarse a principios de outubro.
O método de pagamento esta vez non será de maneira presencial, púxose á disposición das familias unha web, e aplicación móbil da ANPA, onde se atopan as instrucións para o abono da cota, que será de 30 euros este trimestre, e se realizara entre as datas indicadas, para poder proceder ao reconto de usuarios e as compras necesarias.
A web é https://anpaasolaina.miampa.com/
Semana europea da mobilidade_2023
O Equipo de Educación Viaria do Concello de Narón infórmanos que está a participar estes días na semana europea da mobilidade. O venres 22 vai celebrar o "Día sen coches" cortando o tráfico na Avda. Cataluña (diante de Odeón), levando a cabo durante todo o día moitas actividades, pola mañá para os colexios, asistirá 4º de primaria da Solaina, e pola tarde haberá actividades deportivas, culturais e concertos ao longo de toda a rúa, podendo participar as familias.
