O recuncho dos libros

Presentación libro

Achegamos imaxes da presentación á nosa comunidade educativa do novo libro de Emilio Tresgallo, que se desenvolveu o 23 de xaneiro na biblioteca do centro.

   

Mensaxe UNESCO Celebración Día Mundial do Libro e o Dereito de Autor 2020

 

Mensaxe UNESCO Celebración Día Mundial do Libro e o Dereito de Autor 2020

Que é o Día Mundial do Libro e o Dereito de Autor?

 O Día Mundial do Libro e o Dereito de autor é unha celebración para promover o desfrute dos libros e a lectura. Coma ca 23 de Abril acontecen celebracións en todo o mundo para dar a coñecer o poder máxico dos libros-un nexo entre pasado e futuro, unha ponte entre xeracións e distintas culturas. Nesta ocasión , a UNESCO e as organización internacionais que representan aos tres sectores da industria do libro: editores, libreiros e bibliotecas, seleccionan unha cidade coma Capital Mundial do Libro para manter o impulso das celebracións dende ese día ata o vindeiro 23 de abril.

Esta data foi proclamada pola conferencia Xeral da Unesco no ano 1995.Esta data simbólica da literatura universal coincide coa desaparición dos autores William Shakespeare, Miguel de Cervantes e Inca Garcilaso de la Vega. Rende unha homenaxe aos libros e aos autores e fomenta o acceso á lectura para o maior número posible de persoas. Transcendendo fronteiras físicas, o libro representa unha das invencións máis fermosas para compartir ideas  e se converte nun instrumento eficaz para loitar contra a pobreza e construír unha paz sustentable.

Ao defender o libro e o dereito de autor,  a UNESCO apoia a creatividade, a diversidade e a igualdade de acceso ao coñecemento, en particular a través  da Rede de Cidades Creativas da Literatura, a promoción da alfabetización e a aprendizaxe móbil o libre acceso aos contidos científicos e os recursos educativos. Coa participación activa das partes interesadas ( autores, editores, docentes, bibliotecarios, institucións públicas e privadas, ONG humanitarias, medios de comunicación e calquera outro interlocutor que estea implicado nesta celebración ) o Día Mundial do Libro e o Dereito de Autor congrega a millóns de persoas en todo o mundo.

Cada ano ten lugar na sede da UNESCO un importante evento: librerías, casas editoriais e artistas comparten a súa paixón polo libro e a lectura animando obradoiros para xoves. A UNESCO invítalles cordialmente a unirse a esta celebración, así coma a situar o libro coma vector do coñecemento,  a comprensión mutua e a apertura do mundo á diversidade.  

 

Por que a lectura é máis importante agora que nunca?

Máis que nunca, neste momento na que a maioría das escolas do mundo están pechadas e debemos quedar na casa, podemos usar o poder la lectura para combater o illamento, estreitar vínculos entre persoas, expandir novos horizontes, á vez que estimulamos nosas mentes e a nosa creatividade.

Perante o mes de abril e durante todo o ano, é fundamental adicar tempo para ler só e cos nenos e nenas. É  un motivo para celebrar a importancia da lectura, fomentar o crecemento dos pequenos e pequenas coma lectores e promover o amor pola literatura. Tamén é un xeito de abrirnos aos demais a pesar da distancia e viaxar gracias á imaxinación.

 

 

As Bibliotecas Escolares de Galicia:

Desde a  a Consellería de Educación, Universidade e formación Profesional edítase o díptico para conmemorar este día 23 de abril de 2020.

Acudiuse, como en anos anteriores a unha persoa referente da literatura galega actual, neste caso ao escritor, xornalista e divulgador da cultura de Galicia, Manuel Gago, quen creou un texto orixinal cedido xenerosamente para esta pequena peza de difusión do Día do Libro, centrándose nas potencialidades do libro e da lectura e que nos agasalla esta evocadora afirmación: 

"Cada libro que lemos queda gardado no noso peito como semente, paxaro ou xabarín"

Que a primavera entre polas fiestras e traia a voz das aves para acompañar as nosas lecturas!

24 de febreiro, Día de Rosalía de Castro

A data do 24 de febreiro, a do nacemento da poeta, instaurouse nos últimos anos como DÍA DE ROSALÍA, a mellor maneira de homenaxear a esta escritora fundamental das nosas Letras. Na Solaina intentamos achegar a figura e a obra ao alumnado con exposición de traballos e mais con proxección de fotografías e música alusiva aos seus poemas.

IV Centenario de Cervantes

Centón para Don Miguel de Cervantes

No IV Centenario de Cervantes e con motivo do Día do Libro, a biblioteca do centro quixo render a súa particular homenaxe á insigne figura de Don Miguel de Cervantes..

Diversas actividades desenvolvéronse ao longo da semana e en concreto para o 23 de abril,  a exposición de diverso material impreso e libros antigos sobre a figura de Cervantes e en particular, de Don Quixote, todo elo aportado polas familias.

O noso agradecemento por tan estimada colaboración. 

8 de marzo- Día Internacional da Muller

No Día internacional da Muller, na biblioteca do centro celebráronse diversos actos co fin de achegar ao alumnado a visión educativa dos contos tradicionais clásicos e o papel pasivo da muller na súa maioría. 

 

Na visualizacíon do  vídeo: "La Cenicienta que no quería comer perdices" ,

o alumnado aportou conclusións sobre a igualdade dos dereitos da muller. 

 

 

 

Día de Rosalía de Castro

24 de febrerio de 2016

 

Rosalía de Castro, no aniversario do seu nacemento, na biblioteca do noso centro.

 

 

Ademais, o 21 de febreiro

DÍA DA LINGUA MATERNA 

MURAL CHEO DE FERMOSAS PALABRAS   

Actividades do mes de maio

  

 

Durante o mes de maio, na biblioteca do centro, dúas actividades porán o broche douro a este curso 2014- 2015.

   Por unha banda, os protagonistas serán o alumnado e os seus amigos

e, por outra, as familias.

 

 

  

 

 

 

 

 

 

 

24 de febreiro: Homenaxe a Rosalía de Castro

  No día de hoxe, 24 de febreiro, as portas da nosa biblioteca estiveron abertas dende primeira hora da mañá para recibir ao alumnado e homenaxear á escritora galega Rosalía de Castro no 178 aniversario do seu nacemento.

  As actividades programadas estiveron destinadas aos diferentes niveis e ciclos.

  Así, o alumnado de 3º e 4º, tras unha presentación da súa figura e dos seus poemas, especialmente de ADIÓS RíOS, ADIÓS  FONTES, cantaron, aprenderon e desfrutaron con eles.  

  Para o alumnado de 5º e 6º, a temática versou sobre a poesía:

EU VIN ESTAR O MOUCHO ENRIBA DAQUEL PENEDO.

Enlaces:I e II

O alumnado de 1º ciclo, participou unha exposición, adaptada á sua idade, na que se lles achegou a figura da escritora de renome universal.


 

 

 

Distribuir contido