O 30 de xaneiro celébrase o DÍA MUNDIAL DA PAZ.
Dende EXTRAESCOLARES e CONVIVENCIA propuxeron varias actividades para o alumnado:
1) UNID@S POLA PAZ: Escribiron lemas ou propósitos en tiras de papel que deixamos abertas para unilas a continuación curso a curso nunha gran cadea que loce fermosa na entrada do Centro.
2) POMBAS CON MENSAXE: En cada prego do abano da pomba escribiron palabras relacionadas coa PAZ.
3)CHAPAS: Convertiron o seu debuxo en chapa...maxia!!!!
Facendo un recorrido polo Centro, atopamos moitos traballiños orixinais e fermosos que fixeron as distintas titorías para traballar este tema tan importante...
QUE TODOS OS DÍAS SEXAN DE PAZ!!!!