Tomás e Ventura, membros da Asociación o Piueiro, achegáronse a nosa aula para explicarnos paso a paso a construción dun compás.
Antes de comezar, amosáronnos un compas moi antigo e cargado de moita historia polas horas de uso que ten.
Puidemos comprobar como estaba feito porque o desmontaron para que entendésemos o que íamos facer.
De seguido, ensináronnos co compás de Tomás o que tiñamos que facer.
Chegou o momento de pornos en acción¡¡¡
Comezamos a construír a caixa para o compás. Primeiro montámola para asegurarnos que todas as pezas encaixaban.
A continuación, a montaxe……pegar, encaixar, suxeitar con goma para que non se movan as pezas mentres seca a cola.
E chegou o momento da parte máis delicada, a preparación do soporte no que irá a rosa dos ventos e os imáns.
Pero antes tivemos que colocar a agulla de latón na caixa de madeira, xa que é o soporte no que colocaremos o capichel xunto coa rosa dos ventos. Tivemos realizar medicións para colocar os imáns e así equilibrar a rosa dos ventos o máximo posible.
Non foi doado conseguir o equilibrio pero, despois de varios intentos, finalmente o logramos¡¡
E para rematar a actividade no día de hoxe, buscamos o Norte coa axuda doutro compás e comprobamos se tiñamos ben a orientación coa brúxula do móbil. así rematamos a parte técnica quedando a parte artística para outra sesión.
Tanto Ventura coma Tomás que son uns mariñeiros moi experimentados, lograron espertar en nós o interese e curiosidade para lograr que esta actividade tan interesante e instrutiva fose un éxito total.
MOITISIMAS GRAZAS POR ESTA EXPERIENCIA TAN MARABILLOSA¡¡¡
Hoxe, convidados polo Concello, no Centro Cultural xunto cos compañeiros de todos os centros da localidade, asistimos a unha charla sobre sexualidad moi interesante.
DE BO ROLLO era o título da charla que foi impartida pola psicóloga, sexóloga e terapeuta Martina González
Díxonos o importante que era a Educación sexual para querernos ben.
Pouco a pouco foinos explicando, con diapositivas e con pequenas maquetas as distintas partes de funcións tanto da vulva como do pene.
O que máis nos gustou foi que nos contestou a cada unha das preguntas que lle fixemos, que por certo, foron moitas e algunha delas moi interesante.
No que vai de curso estivemos lendo varios libros de Ledicia Costas.
Todos eles engancháronos case desde a primeira páxina. Ese mundo tenebroso dos defuntos, do máis alá, a cociña, as receitas, as aventuras, a intriga e o xeito de contárnolo foinos engaiolándonos pouco a pouco.
Fai unhas semanas, soubemos que ía achegarse ao cole para estar connosco e contarnos como escribe e algunha das cousiñas que tanto nos gusta descubrir.
Así que decidimos facerlle un mural para dicirlle canto nos gustan os seus libros.
E llegou o día!
Hoxe, hoxe achegouse á biblioteca do cole, e recibímola como se debe, con moita delicia !
A ela encantoulle!!!!
Xa na biblioteca comezou a charla.
Contounos unha morea de anécdotas sobre os seus libros, que parte dos seus libros veñen das súas vivencias de pequena…
Tamén nos confesou que se divirte escribindo sobre todo o relacionado cos cemiterios,os defuntos, a santa compaña… e nese intre foi cando os nosos compañeros de 6ºA sorprenderona co seu mural, que por certo, encantoulle.
A charla foi moi amena e nela descubrimos algúns dos seus próximos proxectos e vindeiras publicacións.
Como non, tamén nos contestou a cada unha das preguntas que lle fomos facendo.
Deunos algún que outro consello: Ler moito e desfrutar coa lectura.
E mesmo se sentou connosco para inmortalizar esta deliciosa visita!
Como broche final asinou os libros e firmou no libro de visitas.
MOITÍSIMAS GRAZAS LEDICIA, ESCOITARTE FOI UNHA DELICIA!!!!
O Equipo da biblioteca xunto co Equipo de Dinamización puxeron en marcha unha actividade que nos encanta: Descubrir ao autor Manuel María e a súa poesía.
Esta semana, quixemos participar de forma colectiva preparando uns poemas : O bolo e o galo.
Pareceunos unha boa idea ilustralos, así que nos puxemos mans á obra.
Quixemos recitarllelos aos nosos compañeiros de 6º A
Hoxe, un equipo da Guardia Civil formado polo sarxento Pablo e os gardas Iván e Rubén, achegáronse ao centro para explicarlle aos alumnos de quinto e sexto de primaria a gran problemática que supón a VIOLENCIA DE XÉNERO e o ACOSO ESCOLAR nas nosas vidas.
Desde o primeiro momento, lograron captar o interese e atención dos alumnos facéndoos partícipes da conversa despois das magníficas explicacións e do visionado de vídeos explicativos que os fixeron ver con claridade as consecuencias das malas acción e os beneficios da non violencia, da colaboración, de prestar axuda, de escoitar, de non ver para outro lado, do uso do diálogo, do respecto….
Os propios alumnos, xa nas aulas,valoraron as charlas como moi interesantes, manifestaron nos seus escritos as súas opinións, como que os fixo pensar en cousas que estaban facendo mal e que van tentar corrixilas, que as explicacións foron moi boas e que lles van servir na súa vida diaria.
Foi un día moi especial e cargado de información moi positiva para os rapaces.
GRACIÑAS a GUARDIA CIVIL por esta experiencia tan enriquedora.
Hoxe, convidados polo Concello, os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria achegámonos ao Centro Cultural para ver a película WONDER.
Que ganas tiñamos de chegar!
Xa alí, estábamos ansiosos por entrar.
Esperando o comezo!!!
E comeza a proxección
É a historia dun neno da nosa idade que nace cunha mala formación facial. Ten que sufrir unha morea de operacións e longos períodos de recuperación na súa casa que lle impiden ir a escola coma os outros nenos. Vive coa súa familia que sempre o axuda e o protexe. A súa nai deixa todo e adicase a ser a súa mestra.
Pero, chega o momento decisivo. Ten que enfrontarse a un novo reto igual de difícil: Asistir por primeira vez á escola, coñecer outros nenos e mestres.
Este é o seu primeiro día na escola.
Esta é unha historia de superación, e cheíña de tropezos, boas intencións e con mensaxes a favor da tolerancia e amizade.
En resumo, unha boa lección de valentía, bondade e amizade. ENCANTOUNOS!!!
Para celebrar este día tan significativo e importante, durante toda a semana traballamos nas aulas. Escribimos lemas, frases e palabras contra a violencia e...
debuxamos unhas fermosas bolboretas que fomos pegando nun gran mural.
Hoxe reunímonos no salon de actos vestidos de escuro e negro para conmemoralo.
Mara e Brais, de 5º de primaria, foron os encargados da presentación do actp.
Visualizamos dúas curtas alusivas ao tema.
Rematamos o acto cunha foto con carteis para dar conta que no noso cole é ...