Skip to Content

BENVIDOS Á WEB DO CEIP A SANGRIÑA       

Actividades

UNHA CHINCHILLA NA CLASE DE 3 ANOS!!

OS NENOS E AS NENAS DE 3 ANOS ESTÁN FACENDO UN PEQUENO PROXECTO SOBRE AS MASCOTAS.


TIVEMOS A VISITA DOS CANARIOS DE DAVID E SARA, DOS PERIQUITOS DE EMMA PERO TAMÉN NOS VISITOU "UNHA CHINCHILLA",UN ANIMAL DESCOÑECIDO PARA MOITOS. POR ISO, INVITAMOS AOS NENOS DE 2º A VELA E A ESCOITAR AS EXPLICACIÓNS DE ANA, A IRMÁ DE JULIA B.

PRESENTACIÓN DOS NENOS E NENAS DE 3 ANOS!!

ESTE NOVO CURSO CONTAMOS CON 16 NOVOS ALUMNOS DE 3 ANOS; NESTA PEQUENA MONTAXE PODEREIS COÑECELOS E VER ALGÚNS DOS TRABALLIÑOS QUE ESTIVEMOS FACENDO. 

EXCURSIÓN DOS NENOS DE 3 ANOS A CASA DA BIS DE VERA!!!

OS NENOS DE 3 ANOS PASARON UN DÍA FANTÁSTICO NA CASA DOS BISAVÓS DE VERA ONDE  FIXERON PAN, RECOLLERON OVOS, PATACAS, ETC. UNHA GRAN EXPERIENCIA  NO MEDIO DE SALCIDOS!

 

 

LIMPEZA DA PRAIA DA AREA GRANDE!! (INFANTIL)

OS NENOS E NENAS DE INFANTIL, INMERSOS NUN PROXECTO MEDIOAMBIENTAL, DECIDIRON IR A VER E LIMPAR A PRAIA DA AREA GRANDE; REFLEXIONANDO SOBRE POR QUÉ CHEGOU TODO ESE LIXO A PRAIA. 

TEMOS QUE AGRADECER AO PERSOAL DO CONCELLO TODA AXUDA QUE NOS PRESTARON.

AQUÍ VOS DEIXO UNHA REPORTAXE!!

 

EXHIBICIÓN DA GARDA CIVIL

O PASADO XOVES TIVEMOS A GRAN SORTE DE OBSERVAR UNHA DEMOSTRACIÓN DO TRABALLO QUE FAE A GARDA CIVIL.

VIMOS COMO O SEU CAN ATOPABA DROGA E AVISABA OA SEU ADESTRADOR, TAMÉN DETECTOU UNHA "BOMBA" DENTRO DUNHA MALETA E DESPOIS VEU UN ROBOT E A LEVOU PARA DESACTIVALA.

PUIDEMOS PROBAR AS SÚAS MOTOS, COCHES, CASCOS, PORRAS, CÁMARAS DE VISIÓN NOCTURNA, ETC.

Festival Nadal 2013 (Infantil)

Aquí vos deixo as actuación de Educación Infantil deste festival de Nadal, que prepararon as mestras de música (Gema e Judith), espero que vos gusten!!

A ARTE DE 5 ANOS NOS CALENDARIOS DO 2014!!

OS NENOS DE 5 ANOS ESTIVERON TRABALLANDO DURANTE ESTE TRIMESTRE DIVERSAS OBRAS DE ARTE PARA FACER UN CALENDARIO PARA O ANO NOVO. ESCRIBIRON MOITOS NÚMEROS, PINTARON, DEBUXARON, RECORTARON E, CLARO, PEGARON MOITOS GOMETS; MIRADE O RESULTADO !!!

PROXECTO DE 5 ANOS. OS DINOSAURIOS

OS NENOS E AS NENAS DE 5 ANOS ESTIVERON FACENDO UN EXTENSO PROXECTO SOBRE OS DINOSAURIOS DURANTE O PRIMEIRO TRIMESTRE. AQUÍ VOS DEIXAMOS UN VÍDEO ONDE ELES MESMO VOS EXPLICAN TODO O QUE APRENDERON. ESPERAMOS QUE VOS GUSTE:

 

O POLO PEPE E OS NENOS DE 3 ANOS!!

0S NENOS E AS NENASN DE 3 ANOS BAILARON A CANCIÓN DO POLO PEPE CA PROFE GEMA NA SÚA CLASE DE MÚSICA; AQUÍ TEDES A CANCIÓN E UNHAS FOTIÑOS DO BEN QUE O FIXERON. SOLO TEDES QUE CLICAR NO ARQUIVO DE EMBAIXO.

 

O SAMAÍN EN INFANTIL

Este ano os nenos e as nenas de Educación Infantil, disfrutaron dun día moi especial con talleres de cociña, cortos de medo, talleres de Frankestein e, unhas merendas monstruosas feitas polas familias dos nenos e nenas de 3 anos. Non vos perdades a reportaxe fotográfica, que estamos seguros que vos encantará!!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut