Skip to Content

SAÍDAS DOS NENOS A PARTIR DO 26 DE ABRIL

Versión para imprimir

CONDICIÓNS DAS SAÍDAS DA POBOACIÓN INFANTIL DURANTE O ESTADO DE ALARMA

Como supoño que xa sabedes, a partir do domingo 26 de abril as nenas e nenos menores de 14 anos poden saír á rúa. Non obstante débense cumprir unha serie de condicións que garantan a mellora da situación e a saída desta crise.

Só se poderá saír unha vez diaria entre as 9:00 e as 21:00, durante como máximo unha hora e non máis lonxe de 1 km da vivenda. A non ser que presenten síntomas ou saibades que estivestes en contacto cunha persoa con síntomas ou diagnosticado de COVID-19.

Para asegurarnos que estamos no radio permitido, podedes comprobar o voso rango de movemento con este recurso:

https://1km.geomatico.es/

Como debe ser o paseo?

En grupos de un adulto e, como máximo, 3 nenas/os. Se vos cruzades con alguén debedes manter unha distancia mínima de 2 metros.

A onde podemos ir?

A 1 km de distancia a calquera sitio menos aos parques infantís (Alameda, Parque de Pías...) nin a instalacións deportivas.

Quen pode ser ese adulto responsable?

Pode ser calquera persoa maior de idade que conviva no mesmo domicilio neste momento.

Tamén se permite aos empregados do fogar que queda a cargo do/a menor. Neste caso debe ir cunha autorización previa de estes.

Este adulto/a debe garantir que se cumpren os requisitos mencionados ata agora.

Non esquezades seguir cumprindo coas medidas de hixiene fronte ao COVID-19.

 

Antes de saír convén recordar cas nenas e nenos estas pautas xunto coas medidas de hixiene. Pedídelles aos nenos que sexan eles quen recorden as normas antes de saír. Deixamosvos un resumo:

 

Para calquera dúbida sergiof@edu.xunta.gal

Podedes acceder ao documento do BOE nesta ligazón

https://www.boe.es/boe/dias/2020/04/25/pdfs/BOE-A-2020-4665.pdf



page | by Dr. Radut