Skip to Content

PARA ENREDAR : BATALLA NAVAL

Versión para imprimir

 

Este xogo traballa aspectos como a orientación espacial e a estratexia,  dunha forma moi sinxela.O xogo consiste en fundir a flota do enemigo. Cada xogador ten dous taboleiros. Nun taboleiro o xogador ten a súa flota e noutro anota os disparos que fai ao enemigo. Gaña o xogador que descubra e funda a flota do enemigo.Vamos!

Imprime dúas copias da plantilla. Se non tes impresora, podes debuxala ti. Son 10 filas e 10 columnas: Logo colocas as letras e os números nas cabeceiras, e listo!

Recorta os barcos, que son as pezas negras, ou debuxaos ti, tendo en conta que teñan as medidas de 1,2,3,4 e 5 casiñas. Se queres podes pegarlle un anaco de cartón para que sexan máis fortes.

Podemos montar os taboleiros como na fotografía.

Xunta chinchetas, ou o que teñas a man para marcar os tiros que acertas ou que caen ao mar

Lembra:

-Os barcos non poden colocarse pegados uns aos outros.

- Cada xogador dispón dun turno de disparo.Por exemplo: B5, eso significa que o seu disparo corresponde a esa coordenada.

- Se a casilla está en blanco, o outro xogador dirá : “auga”. Se a casilla atópase nunha parte do barco, dirá: “ tocado”. Neste caso o xogador ten dereito a un novo disparo.

- Se o disparo toca un barco dunha sóa casilla, oo outro extremo dun barco tocado será : “fundido”, con dereito a novo disparo.

 

 



page | by Dr. Radut