Skip to Content

PARA ENREDAR: O XOGO DO GATO

Versión para imprimir

A actividade de hoxe é un xogo matemático de estratexia e de multiplicación.

Moi recomendado para repasar as táboas de multiplicar.

Neste xogo temos que ocupar 3 casilleiros contiguos do taboleiro, evitando que outros xogadores o consigan antes.

Os mateirais que precisades son:

  • Banda numérica e taboleiro cadrado de 36 casillas. ( Damos os modelos para que poidades xogar).
  • 2 clips.
  • Botóns de cores ou fichas de parchís.     

 

 

 

Modo de xogo: 

O primeiro xogador coloca os dous clips na banda numérica ( poden ser diferentes números ou colocar os dous no mesmo número).

Fai a multiplicación deses dous números e coloca o seu botón no casilleiro dese producto.

O seguinte xogador move  só UN clipa outro número da banda numérica. Fai a multiplicación e coloca o seu botón no taboleiro.

Por turnos van colocando os botón. Gaña o primeiro xogador que ocupa TRES casilleiros en liña. A liña pode ser horizontal, vertical ou diagonal. 

C:\Users\Acer laptop\Desktop\pic juego el gato.jpg

 

Para xogar no ordenador existen moitos xogos para practicar as táboas. Temos unha versión de Calculandox, Tabla en línea, que ofrece a opción dixital.

 

Aquí vos deixamos unha opción para imprimir:



page | by Dr. Radut