Skip to Content

2º AVALIACIÓN E ENTREGA DE NOTAS

Versión para imprimir

Estimadas familias, 

Segundo se desprende da reunión da Ministra de Educación cos Conselleiros de toda España, a 2ª avaliación comprende ata o último día que tivemos colexio (o venres 13 de marzo).

  • A 3ª avaliación comezará oficialmente á volta das vacacións de Semana Santa.
  • Haberá unha reunión no Ministerio para aclarar axustes no currículo, contidos mínimos... quedamos á espera de que o noso Inspector nos remita as instruccións pertinentes.
  • Os traballos de reforzo e consolidación realizados durante a quincena de confinamento (do 13 ó 3 de abril) polos alumnos/as non son avaliables.

Entrega de notas:

Conforme á situación actual,  as notas publicaranse en ABALAR MÓBIL o venres 3 de abril ás 14:00 do mediodía.

Moitas familias xa teñen instalada esta aplicación nos seu teléfonos móbiles.

Para aquelas que aínda non a teñan, poden consultar as instrucións de uso ou  a guía de descarga.

Se aínda así tedes dúbidas, aquí vos deixamos un pequeno vídeo explicando o procedemento de forma moi sinxela:

 

Se xurden problemas non dubidedes en escribirnos ó correo do cole, ceip.asangrinha@edu.xunta.es, e intentaremos solucionar o que esté da nosa man o antes posible.

Moito ánimo, e ogallá nos vexamos pronto!

O Equipo Directivo

 

 



page | by Dr. Radut