BENVIDAS/OS Á WEB DO CEIP A SANGRIÑA
Día Internacional en contra da violencia de xénero.
O día 25 de novembro celebraremos o Día Internacional en contra da violencia de xénero.
É un xeito de recordar ás vítimas e continuar loitando con todas as nosas forzas para que isto cambie.
Non podemos quedarnos con brazos cruzados. Temos que loitar practicando co exemplo, tal e como nos invitan algunhas asociacións coas súas campañas de concienciación.
Non só son vítimas as que reciben directamente violencia, tamén a reciben as persoas que están ao seu redor, como son os nenos. A maioría sofren en silencio, e márcaos no seu futuro.
Esta é unha efemérides moi importante que debemos fomentar desde a escola xunto coas vosas familias.
Estos son algúns dos recusos que vos deixamos para traballar nas aulas.